Glosario e lista de proxectos traducidos

2006-07-14 Conversa Roberto Abalde
Ola a todos, 

Hai tempo que non falo por falta de tempo e pq teño algúns proxectos que estou 
a rematar.

** Tradución do Firefox/Thunderbird

É boa idea ter versións oficiais traducida (tela en mozilla.com). Pero como 
Jacobo e eu sabemos,
ter que lidiar coa xente de Firefox é un problema en si mesmo. Se alguén quere 
montar un proxecto
para facer unha tradución oficial (como NAVE en español ou a de softcatalà para 
catalán) ten todo
o meu apoio. Coido que é un bo momento para facelo pq está a piques de saír o 
Firefox 2.

** Glosario

Xa hai un glosario en http://www.galego21.org/doku.php/proxectos:glosario e 
está nun Wiki. Nestes
momentos estou a rematar unha nova versión do glosario baseándome na tradución 
oficial do OOo
que semella ser profesional. A idea é colgar o novo glosario da rede (en 
formato texto e .po)
para que poida ser usado noutras traducións.

Ademais, vou ver de coller todos os .po dos proxectos grandes que xa están 
traducidos (Gnome e
KDE) e ver se de alí podo facer outro glosario.

** Programas traducidos

No sitio de g21 hai unha lista parcial dos programas en galego:
http://www.galego21.org/doku.php/programas
Como exemplo, mirade a entrada do poEdit: 
http://www.galego21.org/doku.php/programas:poedit

Esta lista poderíase facer máis ampla para acoller os programas que están a ser 
traducidos e a
información de tradución (tradutor, versión traducida, etc) dos programas 
rematados.

** Ferramentas de tradución

Teño na cabeza facer unha ferramenta web que procure os erros comúns que se 
cometen cando se
traduce. A idea é ter unha serie de regras e aplicalas a ficheiros .po. Exemplo:

Regra 1: 
se ($traducion contén suxerencia) 
entón amosar ERRO: 'suxerencia' é incorrecto. O correcto é 'suxestión'

Regra 2: 
se ($traducion contén (ventá, fiestra))
entón amosar AVISO: o estándar é usar 'xanela' no canto de 'ventá' e 'fiestra'

Regra 3: 
se ($orixinal contén password e $traducion non contén contrasinal) 
entón amosar ERRO: a tradución de 'password' é 'contrasinal'

Se entende? Pois para facer isto necesito alguén con tempo e coñecementos de 
PHP (e expresións
regulares). Algún voluntario?

Tamén sería bo ter unha ferramenta web que traduza ficheiros .po directamente 
usando o glosario.

** Crear unha ONG, xuntar os proxectos, etc

Mmmm ... a historia amosa que isto non funciona. Ademais, o movemento de 
software libre non ten
unha organización nin un proxecto único. Son unha morea de proxectos 
especializados e separados (e
ás veces que fan case o mesmo) que traballan xuntos cando cadra. 

Saúdos,
Roberto




__ 
LLama Gratis a cualquier PC del Mundo. 
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto. 
http://es.voice.yahoo.com
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: Glosario e lista de proxectos traducidos

2006-07-14 Conversa Xabi G. Feal

 ** Ferramentas de tradución

- Xa tiña pensado en facer algún programiña en C++ ou C para automaticamente 
adaptar as traducións á derradeira normativa. Son cousas que fago co KBabel 
cando toco algún ficheiro antigo (mudar *ble por *bel, quitar os sin 
embargos, os grupos cc, etc.) pero que non costa nada implementar nun 
pequeniño programa. 

Non tería problema en facer a implementación e engadir todas as regras de 
erros comúns que dis. Logo o binario pódese implementar nun servidor web sen 
problema, con interface de formularios. Pero resulta máis útil liberar o 
programa para se empregar no ordenador de cada quén.

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: Glosario e lista de proxectos traducidos

2006-07-14 Conversa Xabi G. Feal
Tamén esquecía que a nova páxina xa está case lista; é un wiki  e só resta 
facer a mudanza (se cadra facer algún guión para as estatísticas, segundo as 
esixencias dos grupos).

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno