Boas!. Son Miguel Branco.

Amais de saudar por primeira, escribo para dar conta do que esta a acontecer
na tradución da suite Mozilla.

Dende hai unhas cantas semanas estase a intentar reactivar un grupo estable
que dirixa a tradución de Mozilla Firefox e Mozilla Thunderbird coa
pretensión de que sexan as tradución lanzadas oficialmente. Dende o meu
punto de vista é inaceptable realiza-las doutra maneira que non sexa esta, e
entendaase, que  isto mesmo é aplicable a calquera proxecto.

Sen querer entrar en máis detalles, que non corresponden de momento neste
foro, só pido a que aquelas persoas interesadas en colaborar que o digan
aquí e de bo grado lles hei explicar con detalle a situación actual. Neste
momento xa podería haber  unhas seis persoas  no grupo. De tódolos xeitos
existen un certos atrancos que impiden que se comece de inmediato mais
contamos con que se solucionen e en breve se traballe, desta volta
incorporados dentro dos Trasnos, na tradución das versións 2.x.
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a