Re: Mozilla Firefox e Mozilla Thunderbird

2006-08-01 Conversa Leandro Regueiro

 A miña intención é rematar de traducir Firefox (probablemente coa axuda) e
despois empregar esta tradución rematada xunto coas traducións antigas para
facer a de Thunderbird (probablemente coa axuda).

 Este é un proxecto persoal meu, en realidade; non teño intención de o facer
con máis xente.


Isto é parte da situación. O resto é que Abalde ainda non contactou e
que tódolos demais dos que sei están de acordo co debatido.

Ata logo,
   Leandro Regueiro
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Mozilla Firefox e Mozilla Thunderbird

2006-08-01 Conversa bandua

Boas!. Son Miguel Branco.

Amais de saudar por primeira, escribo para dar conta do que esta a acontecer
na tradución da suite Mozilla.

Dende hai unhas cantas semanas estase a intentar reactivar un grupo estable
que dirixa a tradución de Mozilla Firefox e Mozilla Thunderbird coa
pretensión de que sexan as tradución lanzadas oficialmente. Dende o meu
punto de vista é inaceptable realiza-las doutra maneira que non sexa esta, e
entendaase, que  isto mesmo é aplicable a calquera proxecto.

Sen querer entrar en máis detalles, que non corresponden de momento neste
foro, só pido a que aquelas persoas interesadas en colaborar que o digan
aquí e de bo grado lles hei explicar con detalle a situación actual. Neste
momento xa podería haber  unhas seis persoas  no grupo. De tódolos xeitos
existen un certos atrancos que impiden que se comece de inmediato mais
contamos con que se solucionen e en breve se traballe, desta volta
incorporados dentro dos Trasnos, na tradución das versións 2.x.
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno