Re: Pequeno informe de estado (Free Translation Project)

2001-06-19 Conversa Jesus Bravo Alvarez
O Luns 18 de Xuño de 2001 ás 12:40, Jacobo dicía:

dun coordinador, temos tres (o antigo, e dous máis), así que os atascos xa

Fáltame un... Karl e mais... mmm ¿quen é o outro? :-?

 * E falando do Free Translation Project, vou face-lo que tiña que ter feito
de antes, pero como xa sabede-lo botado para adiante que son, pois... e non
se trata de ir conquistando os paquetes traducidos por xente sen

Por certo, que eu teño algúns sen actualizar... A ver cando rematan
os malditos exames do ca^H^Hraio...

 * Ou sexa, no canto de crear un novo ficheiro por versión no CVS e borra-lo
antigo, imos usar sempre o mesmo, que se vai actualizar. Deste xeito, o CVS
ha ser máis óptimo, Suso non me ha tomar tanto o pelo, e poderei
roub^H^H^H^H^H adapta-lo seu script de estatísticas de GNOME e KDE ao
proxecto GNU. Amén.

Amén, así me gusta. :D  E xa de paso podes melloralo e/ou facelo en
perl (que eu non teño ganas, e os que están polo menos funcionan). :D

 * E isto porque estou de exames, así que se queredes que faga algo máis,
apurade antes de que rematen, que xa sabedes que por non estudiar, fago o
que sexa :DDD

Normal. :D

 * Están a reorganizar un pouco os paquetes que traducen: borraron algún
(indent, por exemplo), borraron traduccións antigas e introduciron novos
paquetes no TP. Suso: meteron fetchmail, xa pedín que cho anoten.

Vale, ben, metereino tamén na lista de para-traducir. X-)

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
http://www.pobox.com/~suso
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

Re: Pequeno informe de estado (Free Translation Project)

2001-06-19 Conversa Jacobo Tarrio
O Martes, 19 de Xuño de 2001 ás 00:00:04 +0200, Jesus Bravo Alvarez escribía:

 dun coordinador, temos tres (o antigo, e dous máis), así que os atascos xa
   Fáltame un... Karl e mais... mmm ¿quen é o outro? :-?

 Temos François Pinard, que era o de sempre, Karl Eichwalder e mais Martin
v. Loewis :-)

   Por certo, que eu teño algúns sen actualizar... A ver cando rematan
 os malditos exames do ca^H^Hraio...

 Si, do caraio :DDD

   Amén, así me gusta. :D  E xa de paso podes melloralo e/ou facelo en
 perl (que eu non teño ganas, e os que están polo menos funcionan). :D

 Ben, xa de paso que fago os de baixar automaxicamente a última versión da
web do TP cando veñan mensaxes anunciándoos, fago iso (si, si, que vou facer
eu todo iso, si, home, ¿e que mais? :DDD).

 (indent, por exemplo), borraron traduccións antigas e introduciron novos
 paquetes no TP. Suso: meteron fetchmail, xa pedín que cho anoten.
   Vale, ben, metereino tamén na lista de para-traducir. X-)

 Home, traducido xa o tes; só tes que actualizalo : Telo no cvs, no
directorio de aplicacións :-)

-- 
 Jacobo Tarrío | Grupo de Programadores y Usuarios de Linux | http://gpul.org
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

Pequeno informe de estado (Free Translation Project)

2001-06-18 Conversa Jacobo Tarrio
 * O Free Translation Project (o de GNU e todo iso) reviviu. Agora, a falta
dun coordinador, temos tres (o antigo, e dous máis), así que os atascos xa
non se han formar no coordinador internacional, senón no do equipo...
eeehem.

 * E falando do Free Translation Project, vou face-lo que tiña que ter feito
de antes, pero como xa sabede-lo botado para adiante que son, pois... e non
se trata de ir conquistando os paquetes traducidos por xente sen
disclaimer (iso xa o estou a facer :-PP) senón, simplemente, elimina-lo
número de versión dos ficheiros, e comezar a armacenar todo como ten que
ser.

 * Ou sexa, no canto de crear un novo ficheiro por versión no CVS e borra-lo
antigo, imos usar sempre o mesmo, que se vai actualizar. Deste xeito, o CVS
ha ser máis óptimo, Suso non me ha tomar tanto o pelo, e poderei
roub^H^H^H^H^H adapta-lo seu script de estatísticas de GNOME e KDE ao
proxecto GNU. Amén.

 * E aproveitarei para poñer nalgures un script que colla cada traducción nova
e a poña no CVS automaxicamente. E o mesmo cos .POT :-) Así, cando subamos
algo ao TP-Robot, xa se ha poñer no CVS a traducción de xeito automático,
sen ter que introducila a man :-)

 * Ah, mentres tanto, o que suba algunha traducción do TP ao CVS, que xa
vaia facendo iso: que borre a traducción antiga, coma sempre, pero a nova a
suba sen número de versión no ficheiro. Iso si, que deixe o de .gl.po, que é
importante :-)