Boas.

Estaba probando a pre, para darlle o visto bo e que a pasen a beta e
vin algún erro. Xa estou a solucionalo aínda que con algúns vou a
preguntar xa que son cuestións de que os campos de texto saen cortados
e  a ver como pode solucionar. Tamén teño que preguntar a importancia
que teñen os atallos de teclado, xa que hai algún que tropeza con
outro (non son moitos, pero hai algúns). Funcionar funcionan que é o
importante, pero dous na mesma letra.

Quería mellorar a tradución desta xanela, anexo a captura

A cadea está no ficheiro:
/ browser / chrome / browser / syncSetup.dtd /
no contexto: existingSyncKey.description

Cadea en inglés:
You can get a copy of your Sync Key by going to
&syncBrand.shortName.label; Options on your other device, and
selecting "My Sync Key" under "Manage
Account".
Cadea traducida:
Pode obter unha copia da súa chave de Sync indo ás opcións do
&syncBrand.shortName.label; no dispositivo e seleccionando "A
miña chave de Sync" en "Xestionar conta".


Un saúdo

-------------------
Recordatorio de cadea arranxada (isto é para min) para facer despois un commit.

Ficheiro: browser/chrome/browser/syncSetupo.dtd
contexto da cadea <!ENTITY addDevice.setup.description.label (faltaba
un espazo entre unha variábel e o texto que a seguía)

<<attachment: tradu-mellorable.png>>

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a