RE: [galego21] Proxecto O Bierzo

2000-08-30 Conversa Camilo Regueiro
>  O ISPELL é un programa independente para a correción ortográfica de
> textos non
> é parte do Xis. Pódese utilizar en solitario (ispell texto.txt, ispell
> paxweb.html, ispell doclatex.tex ...) ou ben ser chamado dende outros
> programas
> (Xis, Emacs, LyX ...) polo que só tería sentido que o integrasedes co
> Xis por un motivo organizativo voso.
>
¡

Agora o proxecto Xis reconvertiuse no senso de abranguer todo tipo de
traducción e creación de programas en galego, polo que xa vai moito mais alo
do tema do navegador. Por eso comentaba o do Ispell. Pero insisto en que
será a xente que esta traballando no Ispell a que decida este tema.


--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe


Re: [galego21] Proxecto O Bierzo

2000-08-29 Conversa Juan Ignacio Nogueira Alonso


Camilo Regueiro wrote:
> 
>  Opinar neste tema tan só unha cousa.
> 
>Roberto no caso de asinar un convenio co ILGA, temos que pensar en facelo
> de xeito global, non só para o ISPELL. Tenno moi en conta :)), xa que todos
> os proxectos que estamos a desenvolver poden ter un apoio moi, moi
> importante do ILGA.
> 
> Para rematar, facer unha suxerencia... O Ispell non entraría como
> programa dentro do XIS??? en vez de abrir un novo proxecto que lie mais á
> xente que entre en Galego21.
> 
> Pois o dito

 O ISPELL é un programa independente para a correción ortográfica de
textos non
é parte do Xis. Pódese utilizar en solitario (ispell texto.txt, ispell
paxweb.html, ispell doclatex.tex ...) ou ben ser chamado dende outros
programas
(Xis, Emacs, LyX ...) polo que só tería sentido que o integrasedes co
Xis por un motivo organizativo voso.

 En canto o de convenio co ILGA e o do VOLGA cabe unha nova opción que é
a de modificar o VOLGA para os nosos propósitos. A idea ven polo feito
de que palabras técnicas poderían esconder algún tipo de erro (o xa
mencionado recorrer por percorrer) polo que cumpriría facer un
diccionario con termos comúns ós que se lle poderían engadir outros
termos especificos da actividade que desenrole o usuario do ispell
(termos informáticos, xurídicos, médicos...).Este traballo pode darnos a
"propiedade" sobor dos subconxuntos do VOLGA que creemos nos.

 Non hai problema por que o usuario non teña tódalas palabras correctas,
xa que o usuario sempre poderá engadir aqueles termos que non estean nos
diccionarios que use, por medio do seu diccionario persoal.

Nacho.
(quedoume o gato na casa)

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe