On Mon, 9 Aug 1999, Julio jose Gomez Diaz wrote:

> >     Excepto que xa escollemo-la norma, creo recordar ben. Creo que
> >mellor coller algo que está claramente documentado como norma e ademáis é
> >oficial, que busca-lo galego que máis nos interese a cada un, que vai ser
> >seguramente distinto.
>       Punto un: As normas reintegradas están perfectamente documentadas.
> Outra cousa é que non se ensinen nas escolas ou en BUP.

        A miña experiencia é que a documentación sobre normas
reintegracionistas como mínimo son contradictorias. A razón é moi sinxela,
pero de difícil solución oficial: non hai un organismo xa que faga
esforzos para uniformizalo. Hai persoas, moitas, que o defenden, pero non
parece posible, dada-las circunstancias político-sociais actuais que
permitan a creación dunha segunda academia. E en referencia á academia
actual, a posición reintegracionista xa non ten a forza de outro tempo.

> >     Dende logo que aproveita-las traduccións de portugués pode ser moi
> >interesante e aforrarnos tempo, pero de todas formas, hay que ter coidado,
> >que non é o mesmo (que eu sepa os de catalán non collen francés, por
> >exemplo).
>       Buff, perdón por se a palabra soa un pouco forte, pero esa 
> comparación é unha "desafortunada" ÍDEM, o catalán non ten nada que ver co 
> francés (alomenos ten tanto que ver co francés como co español), e 
> en troques o portugués xurdiu como un dialecto do galego (galego-portugués, 
> vale
> pero nótese a orde en que se di), que se oficializou trala independencia de 
> Portugal.

        Siiii, tiven en conta iso. Pero o que pretendo dicir é que non se
pode considerar dúas linguas iguais pola súa orixe. Din este exemplo por
razóns obvias: o catalán está moi influido polo francés, e como razón
clara está a cercanía xeográfica; o francés influiu no catalán moito máis
que o castelán de feito. E sen embargo, a influencia do portugués no
galego e viceversa non existiu de forma explícita dende a separación.
Corríxeme se non é certo.

> Si os cataláns colleran como base as traduccións francesas, non se podería
> dicir que os burros estean en perigo de extinción na península ibérica.
>       Non é que sexa distinto, é que non ten ningún punto en común.

        Hai unha bifurcación clara entre francés e catalán, que se produce
no primeiro tramo da idade media. A separación clara do galego e o
portugués prodúcese máis tarde, pero prodúcese. Por iso puxen ese exemplo.

Jose Dapena Paz | mailto:jdap...@mundivia.es
[GGL developer] | http://personales.mundivia.es/jdapena
                | DynDNS: metalicana.ddns.org
                | Clave publica PGP disponible en pgp.ai.mit.edu

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poniendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a