Re: [Dúbida]predicate

2009-01-17 Conversa Miguel Bouzada
Atopeis algúns manuais (en castelan) nos que indican como sinónmas as
expresións predicado, aserto e aserción.
http://www.recursos-as400.com/como152.shtml
http://web.jet.es/jqc/progii6.html
http://html.rincondelvago.com/programacion-metodica.html

Despois de pensar en expresións que un usuario básico entenda ocorrenseme
como posibles termos:
Condición
Valor a cumplir
Determinar con/por
Proposta


Re: [Dúbida]predicate

2009-01-14 Conversa mvillarino
2009/1/13 Miguel Bouzada mbouz...@gmail.com:
 Para reforzar o termo predicado
 http://msdn.microsoft.com/es-es/library/bb513731.aspx
 http://es.wikipedia.org/wiki/Aserción_(programación)
 http://docs.sun.com/app/docs/doc/819-6957/chp-intro-5?l=esa=view

Aserción? vai, nos meus tempos iso era chamado aserto!

Ven a cousa no contexto do que estamos a falar é a seguinte:

O programa define que acontece cando se xoga co hardware. Por exemplo:
conectas un mp3 ou un disco externo usb, ou habilitas unha tarxeta de
rede, ou fas visíbel para kde unha capturadora de son... e entendo que
o predicate é unha condición que deba cumprir ese dispositivo, por
exemplo, que sexa un iPod ou que sexa da marca Kingstom, ou que sexa
xD ou SD ou a polla en vinagre.

Agora, dicirlle ao usuario que indique un predicado, aserción ou
aserto éche o mesmo que me dixo a muller por antever: que carallo é
iso?


Re: [Dúbida]predicate

2009-01-13 Conversa Miguel Bouzada
Para reforzar o termo predicado
http://msdn.microsoft.com/es-es/library/bb513731.aspx
http://es.wikipedia.org/wiki/Aserción_(programación)http://es.wikipedia.org/wiki/Aserci%C3%B3n_(programaci%C3%B3n)
http://docs.sun.com/app/docs/doc/819-6957/chp-intro-5?l=esa=view