Ola Daniel:

A verdade é que o debate dá para moito. O que nós temos definido na guía de estilo de mancomun.org é o seguinte:

"Os nomes propios de lugar, en principio, non se traducen. No entanto, algúns topónimos que se empregaban con frecuencia desenvolveron tradicionalmente en galego unha forma adaptada que é aconsellable manter. i.e: A Habana, Castela, Nova York."

Saúdos.

J. Arribi



Daniel Muñiz Fontoira wrote:
Ola a todos:
Quería abrir un debate sobre a conveniencia de inventar nomes.
Pois resulta que escoitando tanto nome que me fai dano nos ouvidos quería comentar isto. Na miña opinión os nomes non se traducen, e traducilos o único que fai é xustificar que se xustifique a traducion nos da nosa comunidade. Por lei en españa Ourense é Ourense en Pontevedra e en Melilla. Por outra banda e deixando a lei para min ten sentido, simplifica, e evita confusións. Xa non vou ir ao estranxeiro, pero porse a chamarlle a Castilla La Mancha "Castela A Mancha" non fai mais que xustificar o La Coruña, El Grove, El Burgo... Isto de inventar nomes na miña opinión só trae confusión ademais o galego permite o uso de iota para palabras estranxeiras (por exemplo "Jetafe") e tamén permite o uso sonoro do iota "ghato". Non ten sentido traducir nomes para un idioma que todos os galegos coñecen. Ademais os nomes propios entendo que non se traducen, pensemos en Xavier, Jordi, Xaime, Xulia... Máis argumentos, que eu saiba en ningún medio de comunicación vin escrito Xurxo Arbusto, nin Miguel Campovello... ¿aguen si? en caso afirmativo pensan que é o correcto A min o de sempre se dixo (fixo así) non me vale, xa que se sempre fixen algo dun xeito e podo facelo mellor prefiro aprendelo mellor. Gostaríame saber que motivos hai para usar a tradución. Só pido coherencia e se se traducen nomes propios haberá que facelo con todos (¿non?). Por outra banda pensemos nas vantaxes de usar o nome autentico, ¿non sería mais universal? ¿o galego sería menos galego? a resposta a esta ultima para min é que non, todo o contrario, O Grove sería O Grove, en Ourense e en Cádiz.
En fin...
Espero crear polemica (da san, claro)
Saudos




--

Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
/Eu uso software libre <http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html>/
------------------------------------------------------------------------

_______________________________________________
Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_gal...@mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a