Antón, Moi boa nova!
E grazas pola tradución. aps. RB 2011/6/5 Antón Méixome <cert...@certima.net>: > Isto creo que é moi relevante para Galicia. O acceso á Internet global en > Galicia non é algo que debamos agradecer senón un dereito (que conleva > responsabilidades) que debemos esixirlle ao noso Goberno. Non só é acceder > senón a que e como. Desde o pdv xurídico un dereito humano é algo moi serio > e entra directamente baixo a protección dos tribunais. > > Ademais dos aspectos obvios sobre a censura do dereito de expresión e o > control de acceso, que resultan prohibidos, o feito de que se considere > obriga do Estado proporcionar GARANTÍAS dun acceso significativo: > infraestrutura, formación e contidos. > > No caso galego iso implica esixir programas cobertura para todo o > territorio, formación permanente para toda a poboación e contidos e servizos > en galego para o desenvolvemento normalizado da nosa cultura. > > > ==Un extracto traducido== > > > Acceso a Internet e infraestrutura necesaria > > Dado que a Internet se converteu nunha ferramenta indispensable para > realizar unha serie de dereitos humanos, a loita contra a desigualdade, e a > aceleración do desenvolvemento e o progreso humano, o aseguramento do acceso > universal á Internet debe ser unha prioridade para todos os Estados. Cada > Estado debe, polo tanto, desenvolver unha política concreta e efectiva, en > coordinación con individuos de todos os sectores da sociedade, incluído o > sector privado e os ministerios gobernamentais relevantes, para facer da > Internet algo amplamente dispoñible, accesible e próximo a todos os > segmentos da poboación. > > A nivel internacional, o relator especial reitera o seu chamado aos estados, > en especial aos Estados desenvolvidos, para honrar o seu compromiso, > expresado en particular na Acta do milenio, e facilitar a transferencia de > tecnoloxía aos estados en desenvolvemento, e para integrar programas > eficaces co fin de facilitar acceso universal á Internet nas súas políticas > de desenvolvemento e asistencia. > > Respecto dos estados onde a infraestrutura de acceso á Internet está > presente, o relator especial anima a apoiar as iniciativas para garantir que > se poida acceder de forma significativa á información en liña por parte > todos os sectores da poboación, o que inclúe ás persoas con discapacidade e > persoas pertencentes a minorías lingüísticas. > > Os Estados deben incluír as competencias de alfabetización de Internet no > currículo escolar, e apoiar módulos de aprendizaxe semellantes fóra das > escolas. Ademais da formación de competencias básicas, os módulos deben > aclarar os beneficios do acceso á información en liña e de forma responsable > contribuíndo con información. O adestramento tamén pode axudar a xente a > aprender como protexerse contra contidos nocivos, e explicar as > consecuencias potenciais de revelar datos particulares na Internet. > > > http://documents.latimes.com/un-report-internet-rights/ > _______________________________________________ > Guls mailing list > g...@mancomun.org > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/guls > > -- Roberto Brenlla CKO en C.T.I. TEGNIX, S.L. http://brenlla.tegnix.com http://www.tegnix.com http://www.agnix.org Identi.ca, Jabber.org, ekiga.net, GTalk, Twitter... => brenlla GNU/Linux user #124.437 since 1997 Licensed Economist and Free Software advocate focused on expanding the benefits of free knowledge transmission for a fast-growing democratic society. So, please, don't send me files with extensions: .doc, .docx, .xls, .xlsx, .ppt and/or .pptx --- _______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto