Re: [Hunspell] Vocabulario non contemplado no DRAG

2013-01-27 Conversa Leandro Regueiro
2013/1/27 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com:
 Ola,



 Hoxe estiven retomando o traballo de mellora do proxecto «hunspell-gl».



 No wiki de Trasno, na páxina do corrector, hai unha sección con listas de
 palabras que o corrector dá por malas, e que entendo que quen as engadiu á
 lista consideraba que debían darse por boas.



 A lista era inmensa. Xa eliminei as entradas que o Hunspell daba xa por
 boas, e eliminei tamén aquelas que o DRAG indica explicitamente que son
 incorrectas (o Hunspell, para estes casos, estaba xa preparado para suxerir
 a alternativa correcta). Ademais, marquei en verde aquelas que o DRAG dá por
 correctas, e que se engadirán ao corrector de contado.



 Porén, quedan outras moitas entradas sobre as que o DRAG non se pronuncia
 (non as dá por correctas, nin por incorrectas). E non sei que facer con
 elas. Que criterio ha de seguirse? As que forman parte dos acordos das
 trasnadas van ir nun módulo de seu, “trasno”. Pero co resto de entradas, non
 sei que facer.



 Non quixen eliminalas da lista de momento, xa que se hai unha fonte pro-RAG
 que as contemple (por exemplo, un dicionario específico dunha temática, como
 pode ser este con vocabulario da televisión), poderíase crear un módulo para
 o vocabulario contemplado nesa fonte en concreto (por exemplo:
 «televisión»). Pero ese exemplo de fonte pro-RAG é o único que coñezo, e non
 sei con que clase de fonte se poderán contrastar termos coma «minusvalorar»
 ou «profesionalizar».



 En fin, agradezo calquera achega.



 Un saúdo,

 Adrián



 PS: Leandro, tes actualizado cos resultados da Trasnada 12.1 o aplicativo
 web que pasaras despois da 12.0? Teño pensado usalo para crear o módulo
 “trasno”, e en calquera caso cómpreme telo a man cando traduzo.

Se te refires á paxina web de consulta dinámica, non houbo
actualizacións desde antes de verán (no contido).

Na última Trasnada deciudiuse cambiar a forma de tratar a
terminoloxía, reforma que aínda está pendente de botar a andar, pero
co tema da migración de servizos do sitio do Proxecto Trasno, algún
proxecto persoal, algunha tradución que estiven a facer, e tamén coa
busca de traballo ao final non lle dediquei todo o tempo que debería.
A ver se nos vindeiros días saco tempo para botar isto a andar dunha
vez xa.

Deica
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [Hunspell] Vocabulario non contemplado no DRAG

2013-01-27 Conversa Adrián Chaves Fernández
O Domingo, 27 de Xaneiro de 2013 21:55:56 Leandro Regueiro escribiu:
 2013/1/27 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com:
  PS: Leandro, tes actualizado cos resultados da Trasnada 12.1 o aplicativo
  web que pasaras despois da 12.0? Teño pensado usalo para crear o módulo
  “trasno”, e en calquera caso cómpreme telo a man cando traduzo.
 
 Se te refires á paxina web de consulta dinámica, non houbo
 actualizacións desde antes de verán (no contido).
 
 Na última Trasnada deciudiuse cambiar a forma de tratar a
 terminoloxía, reforma que aínda está pendente de botar a andar, pero
 co tema da migración de servizos do sitio do Proxecto Trasno, algún
 proxecto persoal, algunha tradución que estiven a facer, e tamén coa
 busca de traballo ao final non lle dediquei todo o tempo que debería.
 A ver se nos vindeiros días saco tempo para botar isto a andar dunha
 vez xa.

Só quería facer fincapé en que me parece unha ferramenta sumamente útil.

Pero tampouco é algo que me corra présa. Por min pode esperar ata despois da 
seguinte trasnada, ou o ano que ven se me apuras.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto