Re: [KDE][pootle] Statu quo et coetera

2010-01-13 Conversa mvillarino
 btw, deberiamos estar traducindo en stable ata febreiro en vez de trunk?? se
 cadra nolos dous e o resto en trunk? non entendín moi ben o asunto este, se
 che digo a verdade:
  http://techbase.kde.org/Localization/Workflows/PO_Summit

A política seguida até o de agora era ter a toda a xente a traducir en
trunk, e empregar a funcionalidade de sincronización primaria do
Lokalize para que só o coordinador actualizase a versión estábel, sen
prexuízo de que traducise principalmente en trunk.

O do PO_Summit é un sistema paralelo que permite facer algo semellante
sen esa sincronización do Lokalize, fusionando os ficheiros po da
versión trunk co análogo da versión estábel, e despois do ciclo de
traballo, separándoos de novo. Esquéceo a non ser que vaias forzar a
toda a xente a traballar sobre o repositorio summit.

Tampouco te mates co scripting: hache ser útil para as automatizacións
que vaias empregar (se has traballar en trunk e stable á vez, se vas
facer gui e documentación...), e o anovar.sh arránxache moitos
problemas.

Re: [KDE][pootle] Statu quo et coetera

2010-01-13 Conversa Miguel Branco
O Mércores 13 Xaneiro 2010 13:22:08 mvillarino escribiu:
  btw, deberiamos estar traducindo en stable ata febreiro en vez de trunk??
  se cadra nolos dous e o resto en trunk? non entendín moi ben o asunto
  este, se che digo a verdade:
   http://techbase.kde.org/Localization/Workflows/PO_Summit
 
 A política seguida até o de agora era ter a toda a xente a traducir en
 trunk, e empregar a funcionalidade de sincronización primaria do
 Lokalize para que só o coordinador actualizase a versión estábel, sen
 prexuízo de que traducise principalmente en trunk.
 
 O do PO_Summit é un sistema paralelo que permite facer algo semellante
 sen esa sincronización do Lokalize, fusionando os ficheiros po da
 versión trunk co análogo da versión estábel, e despois do ciclo de
 traballo, separándoos de novo. Esquéceo a non ser que vaias forzar a
 toda a xente a traballar sobre o repositorio summit.
 
 Tampouco te mates co scripting: hache ser útil para as automatizacións
 que vaias empregar (se has traballar en trunk e stable á vez, se vas
 facer gui e documentación...), e o anovar.sh arránxache moitos
 problemas.
 
vale, perfecto

Re: [KDE][pootle] Statu quo et coetera

2010-01-13 Conversa Xosé
Parabéns. Xa é evidente que traballas o dobre que a maioria ;-)

Xosé

O Xoves 07 Xaneiro 2010 13:09:16 mvillarino escribiu:
 Boas,
 
 os recentes cambios na composición da miña familia --nacéronme os
 cativos, neno e nena-- tiveron como efecto secundario o curioso efecto
 de que non poda dispor do meu tempo como antes, é dicir, onde antes
 tiña unha hora para o correo+traducir agora teño 0,01 segundos.
 
 Isto, a efectos da tradución de KDE trouxo como resultado, como xa vos
 decataríades, que leve algo así como unha semana sen facer unha
 entrega; evidentemente, isto non pode seguir así, polo que me vexo na
 obriga de propor dúas/tres alternativas:
 
 a) Obtención dunha segunda conta de acceso no repositorio de KDE,
 desde a que facer as operacións que viña a facer, con titularidade a
 unha persoa física (un segundo coordenador)
 b) Obtención dunha segunda conta de acceso no repositorio de KDE,
 desde a que facer as operacións que viña a facer, con titularidade á
 asociación (habería que facerse cunha das chaves da FNMT), e que faga
 as operacións unha persoa física membro do equipo (un segundo
 coordenador delegado do proxecto trasno)
 c) Obtención dunha segunda conta de acceso no repositorio de KDE, e
 facer as operacións de xestión a través de pootle (que si, que di na
 documentación que se pode, aínda que son certamente limitadas no
 sentido de ser moi manual todo).
 
 Opinións, por favor.

Re: [KDE][pootle] Statu quo et coetera

2010-01-12 Conversa Miguel Branco
O Domingo 10 Xaneiro 2010 19:28:24 marce escribiu:
 O Venres, 8 de Xaneiro de 2010 20:43:00 Miguel Branco escribiu:
  anímomen: xa creei a ssh e estou analizando o resto; preguntarei sobre da
  marcha... pero adóptame como coordinador novel (becario) por unha
  temporada
 
   :)
 
 Xa recibín a mensaxes dos sysadmins, nuns días terás a conta, supoño que se
 porá en contacto contigo Nicolas Ternisien ou alguén así.
 
 Por suposto poderás contar coa miña axuda, se estás disposto a admitir
 decalaxes de días nas respostas. Albert e Pino e kde-l10n-doc tamén che han
 ser de moita axuda.
 
 [[[ E aínda que pareza incríbel: é moi útil aprender algo de programación
  en bash ]]]

xa vexo, xa; xa teño un linux in a nutshell, ed 6th a man e outros volumes 
ao estilo

btw, deberiamos estar traducindo en stable ata febreiro en vez de trunk?? se 
cadra nolos dous e o resto en trunk? non entendín moi ben o asunto este, se 
che digo a verdade:
 http://techbase.kde.org/Localization/Workflows/PO_Summit

Re: [KDE][pootle] Statu quo et coetera

2010-01-10 Conversa marce
O Venres, 8 de Xaneiro de 2010 20:43:00 Miguel Branco escribiu:
 
 anímomen: xa creei a ssh e estou analizando o resto; preguntarei sobre da
 marcha... pero adóptame como coordinador novel (becario) por unha temporada
  :)

Xa recibín a mensaxes dos sysadmins, nuns días terás a conta, supoño que se 
porá en contacto contigo Nicolas Ternisien ou alguén así.

Por suposto poderás contar coa miña axuda, se estás disposto a admitir 
decalaxes de días nas respostas. Albert e Pino e kde-l10n-doc tamén che han 
ser de moita axuda.

[[[ E aínda que pareza incríbel: é moi útil aprender algo de programación en 
bash ]]]

signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.

Re: [KDE][pootle] Statu quo et coetera

2010-01-09 Conversa José Manuel Castroagudín Silva
2010/1/7 Miguel Branco mgl.bra...@gmail.com:
 a e b parécenme as máis viables; a c sería o caralludo se xa tiveramos o
 sistema rulando (admins, seguides vivos?!)

Eu seguir sigo vivo. Pero ando máis alonxado estes días do ordenador
que nunca. Así que, a efectos prácticos, podedes considerarme
desaparecido en combate.

Calculo que en breve, nalgún momento, volverei a ter un ritmo de vida
normal. Xa avisarei. Mentres tanto, non me esperedes. Os contrasinais
témolos, así que pódese ir fedellando.

Xa falamos!

 a b paréceme especialmente boa, pero como se xestiona a chave da FNMT?
 desculpa a miña ignorancia

 eu encantado faría o traballo, pero méteme medo foder algo no repo: se me
 explicas +- en detalle o que tería que facer, considéroo, senón calquera outro
 de KDE máis habilidoso ca min...

 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.

-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es

Re: [KDE][pootle] Statu quo et coetera

2010-01-08 Conversa mvillarino
2010/1/7 Miguel Branco mgl.bra...@gmail.com:
 a b paréceme especialmente boa, pero como se xestiona a chave da FNMT?
 desculpa a miña ignorancia

Penso que:

http://www.cert.fnmt.es/index.php?cha=citsec=4fpage=35lang=es

 eu encantado faría o traballo, pero méteme medo foder algo no repo: se me
 explicas +- en detalle o que tería que facer, considéroo, senón calquera outro
 de KDE máis habilidoso ca min...

Non te preocupes: os asturianos sobrescribiron hai unha semana ou dúas
todas as traducións do castelán e arranxouse o problema en dúas
patadas.

O proceso é:
-Xerar unha chave ssh (tipo rsa), ou conseguir unha (non é
imprescindíbel, pero teño os scripts montados para aceder así).
-Pedir conta. http://techbase.kde.org/Contribute/Get_a_SVN_Account

-- Supostamente pediran(me) que o autorize, e por suposto fareino.

- Ler o fundamental de svn + as instrucións en trasno:
   - executar o script «anovar.sh gl miguelbranco_rsa» cada vez que te
vaias pór a traducir.
 -- á hora de arranxar os conflitos, escoller «mine conflicts»
(isto non o fai así o pootle),
   - facer un svn add `svn status gl | grep ? | cut -d  -f7` para
engadir os ficheiros novos, que aínda non estexan baixo control de
versións.
   - executar un svn commit gl/o_que_sexa -mFiles contributed by
Fulano de tal, ou outra mensaxe que prefiras. Tamén hai unhas
interfaces para o svn marabillosas, como o kdesvn.

 Anímaste?

Re: [KDE][pootle] Statu quo et coetera

2010-01-08 Conversa Miguel Branco
O Venres 08 Xaneiro 2010 18:06:33 escribiches:
 2010/1/7 Miguel Branco mgl.bra...@gmail.com:
  a b paréceme especialmente boa, pero como se xestiona a chave da FNMT?
  desculpa a miña ignorancia
 
 Penso que:
 
 http://www.cert.fnmt.es/index.php?cha=citsec=4fpage=35lang=es
 
ah, vale; non caera que eran esas chaves: solicitei unha xa, pero se teño 
dúbidas pregunto; grazas!

 Non te preocupes: os asturianos sobrescribiron hai unha semana ou dúas
 todas as traducións do castelán e arranxouse o problema en dúas
 patadas.

xa, vivín o melodrama ese con bastante intriga xD

 O proceso é:
 -Xerar unha chave ssh (tipo rsa), ou conseguir unha (non é
 imprescindíbel, pero teño os scripts montados para aceder así).
 -Pedir conta. http://techbase.kde.org/Contribute/Get_a_SVN_Account
 
 -- Supostamente pediran(me) que o autorize, e por suposto fareino.
 
 - Ler o fundamental de svn + as instrucións en trasno:
- executar o script «anovar.sh gl miguelbranco_rsa» cada vez que te
 vaias pór a traducir.
  -- á hora de arranxar os conflitos, escoller «mine conflicts»
 (isto non o fai así o pootle),
- facer un svn add `svn status gl | grep ? | cut -d  -f7` para
 engadir os ficheiros novos, que aínda non estexan baixo control de
 versións.
- executar un svn commit gl/o_que_sexa -mFiles contributed by
 Fulano de tal, ou outra mensaxe que prefiras. Tamén hai unhas
 interfaces para o svn marabillosas, como o kdesvn.
 
  Anímaste?

anímomen: xa creei a ssh e estou analizando o resto; preguntarei sobre da 
marcha... pero adóptame como coordinador novel (becario) por unha temporada :)

Re: [KDE][pootle] Statu quo et coetera

2010-01-08 Conversa Manuel Vázquez
Ola a todos:

 anímomen: xa creei a ssh e estou analizando o resto; preguntarei sobre da
 marcha... pero adóptame como coordinador novel (becario) por unha temporada :)

Ben, entón xa mandamos os ficheiros traducidos a Miguel?
Un saúdo.
Manolo Vázquez

Re: [KDE][pootle] Statu quo et coetera

2010-01-08 Conversa Miguel Branco
O Venres 08 Xaneiro 2010 21:50:52 Manuel Vázquez escribiu:
 Ola a todos:
  anímomen: xa creei a ssh e estou analizando o resto; preguntarei sobre da
  marcha... pero adóptame como coordinador novel (becario) por unha
  temporada :)
 
 Ben, entón xa mandamos os ficheiros traducidos a Miguel?
 Un saúdo.
 Manolo Vázquez

de momento non, inda non teño conta: aviso cando me acepten e/ou entenda o 
sistema ao completo: despois recomendar´ia que nos enviarades as cousas a 
ambos, non Marce?

Re: [KDE][pootle] Statu quo et coetera

2010-01-08 Conversa Adrián Chaves Fernández
 O Venres 08 Xaneiro 2010 21:50:52 Manuel Vázquez escribiu:
  Ola a todos:
   anímomen: xa creei a ssh e estou analizando o resto; preguntarei sobre
   da marcha... pero adóptame como coordinador novel (becario) por unha
   temporada :)
 
  Ben, entón xa mandamos os ficheiros traducidos a Miguel?
  Un saúdo.
  Manolo Vázquez
 
 de momento non, inda non teño conta: aviso cando me acepten e/ou entenda o
 sistema ao completo: despois recomendar´ia que nos enviarades as cousas a
 ambos, non Marce?

Daquela en canto o suba un dos dous mandade un correo para saber (vós) que xa 
o subiu un dos dous.

Re: [KDE][pootle] Statu quo et coetera

2010-01-07 Conversa Adrián Chaves Fernández
 os recentes cambios na composición da miña familia --nacéronme os
 cativos, neno e nena--
Felicidades! :D

 a) Obtención dunha segunda conta de acceso no repositorio de KDE,
 desde a que facer as operacións que viña a facer, con titularidade a
 unha persoa física (un segundo coordenador)
 b) Obtención dunha segunda conta de acceso no repositorio de KDE,
 desde a que facer as operacións que viña a facer, con titularidade á
 asociación (habería que facerse cunha das chaves da FNMT), e que faga
 as operacións unha persoa física membro do equipo (un segundo
 coordenador delegado do proxecto trasno)
 c) Obtención dunha segunda conta de acceso no repositorio de KDE, e
 facer as operacións de xestión a través de pootle (que si, que di na
 documentación que se pode, aínda que son certamente limitadas no
 sentido de ser moi manual todo).
 
 Opinións, por favor.

Non sei moito de Pootle, pero polo que teño escoitado podería ser unha boa 
idea.

PS: entendo que é unha ferramenta web para a tradución que permite subir os 
POs ou traducir directamente en liña, e que mantén directamente as 
actualizacións no repositorio de KDE SC.

Un saúdo!

Re: [KDE][pootle] Statu quo et coetera

2010-01-07 Conversa Leandro Regueiro

Se é para enviar os ficheiros soamente case mellor Transifex, aínda
que non son un seareiro.

Eu optaría polo segundo coordinador con conta.

Envieiche uns erros que me gustaría que se corrixiran canto antes. Non
caira na túa situación actual, así que se podes remítellos a outra
persoa que reparta o traballo ou o faga persoalmente.

Moitas grazas

Re: [KDE][pootle] Statu quo et coetera

2010-01-07 Conversa Miguel Branco

  neno e nena--

anda,contribuíches a manter o tamaño poboacional e inda por riba sen alterar o 
sex ratio ;)