Re: [Semi-OT] Comportamento de "ls"

2008-10-06 Conversa mvillarino
O Luns 06 Outubro 2008 19:30, Jesus Bravo Alvarez escribiu:
>O xeito de ordenar as palabras en Linux depende do módulo LC_COLLATE dos
> locales. Polo que vexo, practicamente todas as linguas basean o seu
> LC_COLLATE no módulo xenérico iso14651_t1, incluído claro o galego. Debe
> ser que neste módulo se indica que o . e o _ (e en xeral calquera signo de
> puntuación) non afectan á ordenación, por iso só se teñen en conta as
> letras.

Vaia, pois iso non é desexábel!


>A ver se así che vai!

Pois si, marabillosamente!
-- 
Best regards,
MV


Re: [Semi-OT] Comportamento de "ls"

2008-10-06 Conversa Jesus Bravo Alvarez
O Luns 06 de Outubro de 2008 ás 15:50, mvillarino dicía:

>Este non ordena correctamente os ficheiros segundo as táboas ascii, e
>considera o trazo baixo (_) e o ponto (.) co mesmo nível de
>precedencia, dando como resultado un orden incorrecto da saída:
>
>kivio_getting stated.po
>kivio.po
>kivio_using.po

   O xeito de ordenar as palabras en Linux depende do módulo LC_COLLATE dos
locales. Polo que vexo, practicamente todas as linguas basean o seu
LC_COLLATE no módulo xenérico iso14651_t1, incluído claro o galego. Debe
ser que neste módulo se indica que o . e o _ (e en xeral calquera signo de
puntuación) non afectan á ordenación, por iso só se teñen en conta as
letras.

   Todo isto cóntocho para que o saibas, porque realmente a solución é
ben sinxela ;)

LANG=C ls

   Con iso xa chega, ao usar LANG=C non se usa o sistema de locales, e usa
a ordenación ascii de toda a vida. Serviría tamén neste caso:

LC_COLLATE=C ls

   A ver se así che vai!


Suso

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez