Re: [Semi OT] Re: [SuperTuxKart] Vou traducilo, se me adiantou alguén?

2009-01-08 Conversa Leandro Regueiro
 Como dirían Fernández e Hernández de Tintín, eu aínda diría máis:
 Usaría Vouno traducir no canto de Vou traducilo (creo que non é algo
 dialectal, pero gustaríame ter a vosa confirmación).

 Creo que amba-las dúas valen. De feito, creo que hai casos con ata tres
 formas posibles. Cousas da lingua. Vos sodes de fixestes ou de
 fixéchedes? ;-)

Eu son de fixestes. Eu usaria tanto vou traducilo coma vouno
traducir, pero o segundo máis ben coma unha intención que non ten por
que cumprirse pronto e a segunda como que o vou traducir agora
mesmiño.

Ata logo,
  Leandro Regueiro


Re: [Semi OT] Re: [SuperTuxKart] Vou traducilo, se me adiantou alguén?

2008-12-27 Conversa Xabier Villar
2008/12/24 Marce Villarino mvillar...@gmail.com

 O asunto non é gramaticalmente correcto, debería ser «Vou traducilo,
 adiantouseme alguén?», dado que a norma xeral é que os pronomes vaian
 despois
 do verbo, agás casos moi concretos.
 --
 Best regards,
 MV


 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.



Un profesor meu dicía: en galego, un pronome persoal átono nunca comeza unha
oración. Non soluciona tódolos casos, pero sí os mais ferintes XD
-- 

Xabier Villar


Re: [Semi OT] Re: [SuperTuxKart] Vou traducilo, se me adiantou alguén?

2008-12-24 Conversa Adrián Chaves Fernández
 O asunto non é gramaticalmente correcto, debería ser «Vou traducilo,
 adiantouseme alguén?», dado que a norma xeral é que os pronomes vaian
 despois do verbo, agás casos moi concretos.

Grazas, sempre se me pasa.

 --
 Best regards,
 MV


Re: [Semi OT] Re: [SuperTuxKart] Vou traducilo, se me adiantou alguén?

2008-12-24 Conversa Felipe Gil Castiñeira
Marce Villarino wrote:
 O asunto non é gramaticalmente correcto, debería ser «Vou traducilo, 
 adiantouseme alguén?», dado que a norma xeral é que os pronomes vaian despois 
 do verbo, agás casos moi concretos.
   

Como dirían Fernández e Hernández de Tintín, eu aínda diría máis: 
Usaría Vouno traducir no canto de Vou traducilo (creo que non é algo
dialectal, pero gustaríame ter a vosa confirmación).

Un saúdo!
Felipe.


Re: [Semi OT] Re: [SuperTuxKart] Vou traducilo, se me adiantou alguén?

2008-12-24 Conversa Adrián Chaves Fernández
 Marce Villarino wrote:
  O asunto non é gramaticalmente correcto, debería ser «Vou traducilo,
  adiantouseme alguén?», dado que a norma xeral é que os pronomes vaian
  despois do verbo, agás casos moi concretos.

 Como dirían Fernández e Hernández de Tintín, eu aínda diría máis:
 Usaría Vouno traducir no canto de Vou traducilo (creo que non é algo
 dialectal, pero gustaríame ter a vosa confirmación).

Creo que amba-las dúas valen. De feito, creo que hai casos con ata tres formas 
posibles. Cousas da lingua. Vos sodes de fixestes ou de fixéchedes? ;-)


 Un saúdo!
 Felipe.


Re: [Semi OT] Re: [SuperTuxKart] Vou traducilo, se me adiantou alguén?

2008-12-24 Conversa Marce Villarino
O Mércores 24 Decembro 2008 13:07, Felipe Gil Castiñeira escribiu:


 Usaría Vouno traducir no canto de Vou traducilo (creo que non é algo
 dialectal, pero gustaríame ter a vosa confirmación).
Non, non é dialectal, nestes casos con varios verbos os pronomes eses van co 
verbo ao que lle damos énfase. Así, con «vou traducilo», das dúas accións, 
facer e traducir, a máis importante para o locutor é a de traducir, no 
entanto que con «vouno traducir» é a outra.
-- 
Best regards,
MV


Re: [Semi OT] Re: [SuperTuxKart] Vou traducilo, se me adiantou alguén?

2008-12-24 Conversa Adrián Chaves Fernández
 O Mércores 24 Decembro 2008 13:07, Felipe Gil Castiñeira escribiu:
  Usaría Vouno traducir no canto de Vou traducilo (creo que non é algo
  dialectal, pero gustaríame ter a vosa confirmación).

 Non, non é dialectal, nestes casos con varios verbos os pronomes eses van
 co verbo ao que lle damos énfase. Así, con «vou traducilo», das dúas
 accións, facer e traducir, a máis importante para o locutor é a de
 traducir, no entanto que con «vouno traducir» é a outra.

Así, cando eu diga vou traducilo, ti podes responder un c*r*ll*! vouno 
traducir eu!.

 --
 Best regards,
 MV