Re: [Wesnoth] SVN

2008-09-23 Conversa mvillarino
> O que di Jacobo está ben. O que eu ainda non conseguin foi que me
>  garde esa mensaxe que aparece no nano (editor de texto en modo texto)
>  e ma envie o svn; estou case seguro que é porque sempre lle dou á
>  mesma opción incorrecta para gardar o ficheiro...

Abonda con que a entrega falle... ficará nun incómodo ficheiro chamado
como pon no proprio nano tras premer ^X.

Se non ques complicarte tanto a vida para a dichosa mensaxe de
descrición do entregado, emprega a opción -m na liña de comandos.
Os meus comandos típicos son:

svn commit gl -m"Updates"
svn commit gl -m"Files contributed by xose/miguel/manuel"
svn commit gl -m"Files contributed by xose/miguel/manuel; also, maintenance"


Re: [Wesnoth] SVN

2008-09-23 Conversa Adrián Chaves Fernández
> 2008/9/20 Jacobo Tarrio :
> > El viernes, 19 de septiembre de 2008 a las 23:22:11 +0200, Adrián Chaves 
Fernández escribía:
> >> Vai unha captura. Que carallo fixen mal? :-(
> >
> >  Nada. Esa pantalla é para que escribas a descrición do que fixeches, e o
> > que vaia embaixo desa liña non se ha incluír na descrición.
>
> O que di Jacobo está ben. O que eu ainda non conseguin foi que me
> garde esa mensaxe que aparece no nano (editor de texto en modo texto)
> e ma envie o svn; estou case seguro que é porque sempre lle dou á
> mesma opción incorrecta para gardar o ficheiro...
>
> O que tes que facer é darlle a gardar o ficheiro e despois a saír,
> ainda que penso que isto é o que fago eu e non me garda a mensaxe,
> ainda que os ficheiros si que mos envia, que é o importante.
>
> En todo caso tes outras opcións en modo gráfico, o tortoisesvn para
> windows, e o rapidsvn cos que estiven fedellando eu o outro día (e
> parece que non ten tradución) para linux.
>
> Co tortoisesvn, polo que vin cando llo instalei a Victor, podes ir
> simplemente co navegador de ficheiros ó directorio onde tes a copia
> local do svn, premer co botón dereito, darlle a enviar os ficheiros
> por svn, e cubrir a ventá que che aparece (aí é onde se pon a mensaxe
> que aparece no nano, ainda que aquí penso que non a pon
> automaticamente, senon que tes que escribir ti todo).
>
> Co rapidsvn ainda non fixen probas enviando ficheiros, pero a
> interface é diferente. Neste programa tes que abrilo para facer
> calquera parvada (a min gústacheme máis a idea do svn integrado co
> navegador de ficheiros), e tamén che mostra unha ventá cando lle das a
> enviar os ficheiros, na que tes que cubrir un campo de texto ca
> mensaxe esa.

RapidSVN acabo de instalalo, e ten boa pinta. A ver se subo a próxima vez con 
el.

>
> Ata logo,
>  Leandro Regueiro


Re: [Wesnoth] SVN

2008-09-23 Conversa Leandro Regueiro
2008/9/20 Jacobo Tarrio :
> El viernes, 19 de septiembre de 2008 a las 23:22:11 +0200, Adrián Chaves 
> Fernández escribía:
>
>> Vai unha captura. Que carallo fixen mal? :-(
>
>  Nada. Esa pantalla é para que escribas a descrición do que fixeches, e o
> que vaia embaixo desa liña non se ha incluír na descrición.

O que di Jacobo está ben. O que eu ainda non conseguin foi que me
garde esa mensaxe que aparece no nano (editor de texto en modo texto)
e ma envie o svn; estou case seguro que é porque sempre lle dou á
mesma opción incorrecta para gardar o ficheiro...

O que tes que facer é darlle a gardar o ficheiro e despois a saír,
ainda que penso que isto é o que fago eu e non me garda a mensaxe,
ainda que os ficheiros si que mos envia, que é o importante.

En todo caso tes outras opcións en modo gráfico, o tortoisesvn para
windows, e o rapidsvn cos que estiven fedellando eu o outro día (e
parece que non ten tradución) para linux.

Co tortoisesvn, polo que vin cando llo instalei a Victor, podes ir
simplemente co navegador de ficheiros ó directorio onde tes a copia
local do svn, premer co botón dereito, darlle a enviar os ficheiros
por svn, e cubrir a ventá que che aparece (aí é onde se pon a mensaxe
que aparece no nano, ainda que aquí penso que non a pon
automaticamente, senon que tes que escribir ti todo).

Co rapidsvn ainda non fixen probas enviando ficheiros, pero a
interface é diferente. Neste programa tes que abrilo para facer
calquera parvada (a min gústacheme máis a idea do svn integrado co
navegador de ficheiros), e tamén che mostra unha ventá cando lle das a
enviar os ficheiros, na que tes que cubrir un campo de texto ca
mensaxe esa.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


Re: [Wesnoth] SVN

2008-09-20 Conversa Jacobo Tarrio
El viernes, 19 de septiembre de 2008 a las 23:22:11 +0200, Adrián Chaves 
Fernández escribía:

> Vai unha captura. Que carallo fixen mal? :-(

 Nada. Esa pantalla é para que escribas a descrición do que fixeches, e o
que vaia embaixo desa liña non se ha incluír na descrición.

-- 
   Jacobo Tarrío | http://jacobo.tarrio.org/