Re: [dúbida] to tweet

2010-09-08 Conversa Leandro Regueiro
2010/9/3 Xose M pikam...@gmail.com:

 2010/9/1 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com

 2010/9/1 Miguel Branco mgl.bra...@gmail.com:
 Xosé, sempre que as críticas sexan constructivas agradécense; cantas
 máis
 opinións mellor e moitas cousas nin sequera as debatemos antes :) .
 A verdade é un bo tema o que propós: recoller literalmente a metáfora do
 inglés ou ignorala. Chío para min acáelle ben a este tipo de eventos,
 pero
 só para as redes tipo twitter ou incluso fácebook, pero carece de
 sentido
 cando se comparte algo en fácebook vía gwibber ou é outro tipo de evento
 nunha rede social, p.ex ou é algo tipo posterous. Mandar mensaxe é
 algo
 máis neutro. Se é unha app moi twitter-centrica usaría chiar/chio pero
 senón
 usaría algo máis xenérico.
 Saúdos!!

 Concordo. Se mal non lembro no Chuza tamén tiñan chíos.

 grazas por axudarme.

 en canto a gwibber estades no certo, serve para máis cousas que twiitter e é
 lóxico que teña opcións máis xenéricas que se adapten ás diferentes redes ás
 que se pode conectar. Non o uso, polo que solo o abrín para ver cómo se
 trataba o tema nel.

 a extensión en cuestión chámase Chromed Bird. Desafortunadamente para o
 caso, esta extensión depende do servizo de internacionalización de google e
 actualmente o gl ou gl_ES non aparece no listado. Creo que ten que ver
 co asunto xa tratado por aquí da inclusión do galego no Webkit.

 traducín outras extensións (google mail checker plus) sen problema porque no
 usan o mesmo servizo, pero esta en concreto ten esa dependencia.

 de tódolos xeitos, as extensións pódense instalar en developer mode (sen
 compactar), polo que en realidade si que fixen a tradución pois só se trata
 de machacar o ficheiro cos textos en inglés polos mesmos en galego.
 Cando remate o traballo ó 100% enviareillelo ó mantedor do programa para que
 o teña disponible cando o galego entre no webkit ese do c.  Agora mesmo
 teñoa funcionando sen problemas no meu pc en galego, así que se alguén
 tivese interés nela pois que sepa que se pode facer.

 na traducción en si mesma estame a dar máis que pensar o retweet que o
 tweet :D   rechíar, chíao de novo... sam, repíar :P  , ... . O feito de
 que a mi me soe raro non debería ser obstáculo para usar determinado verbo,
 pero supoño que é cuestión de levar tanto tempo usando a palabra inglesas.
  Se alguén quere propoñer algo sería de agradecer.

 Retweet refírese á acción de voltar a emitir a mensaxe (chío) que fixo outro
 usuario. Sería como no correo electrónico a opción reenviar.

Entendo logo que retweet non implica crear ou chío ou fío (non, non
teño moita idea de que é o twitter) e polo tanto podería ser
responder? Ou senón reenviar podería valer. Que pensades?

Ata logo,
 Leandro Regueiro
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [dúbida] to tweet

2010-09-08 Conversa Adrián Chaves Fernández
 Entendo logo que retweet non implica crear ou chío ou fío (non, non
 teño moita idea de que é o twitter) e polo tanto podería ser
 responder? Ou senón reenviar podería valer. Que pensades?
 
 Ata logo,
  Leandro Regueiro

«Repetir» ou «Reenviar» supoño que valerían.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [dúbida] to tweet

2010-08-31 Conversa Fran Dieguez
En gwibber ten truco porque non só se usa para Twitter senón tamén para
Facebook, Digg, etc. Polo que o Chiar en Facebook non sería aplicábel.

O Mar, 31-08-2010 ás 15:19 +0200, Xose M escribiu:
 saúdos a t...@s
 
 
 vou traballar nunha extensión para Chrome(ium) relacionada co Twitter
 e claro, a primeira dúbida é se usar Chiar ou Piar como tradución
 de to tweet.
 
 
 http://www.google.com/dictionary?source=translationhl=glq=tweetlangpair=en|es
 
 
 Mirei o que se usa en gnome (gwibber) e parece que escollestes
 directamente usar mensaxes no canto de chíos ou píos. Nin vos
 complicastes ó poñer enviar no canto de piao! ou chía cando era
 Tweet it.
 
 
 Só pido consello e opinión para manter unha coherencia nas
 traduccións, non estou criticando pexorativamente ningún traballo
 actual ou pasado ;)  Respeto moito o traballo dos demáis.
 
 
 
 
 A min personalmente gustaríame manter o xogo de palabras que se traen
 en inglés entre o sonido dos paxaros, o feito de que se comunican dese
 xeito e o nome escollido para aplicación como analoxía.
 
 
 
 
 
 
 Xosé M Lamas
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto