Re: [gnome-gl] Corrección de GNOME con posieve e as regras de MVillarino

2011-01-26 Conversa Leandro Regueiro
2011/1/26 Fran Dieguez lis...@mabishu.com:
 Ola rapaces,

 logo de que Leandro me ensinara a ferramenta pology (dentro a orde
 posieve) e aproveitando as regras que Marce escribiu para o idioma
 galego, xunto coas regras que importou da minha ferramenta GRIL...
 púxenme a aplicalas a GNOME Core 3.0.

 Podedes encontrar o relato de como usei a ferramenta na seguinte páxina
 da wiki de trasno, con estatísticas iniciais e finais para as dúas
 pasadas que fixen coa ferramenta.

 http://wiki.trasno.net/Verificaci%C3%B3n_con_Posieve_en_GNOME_3.0

 Estiven continuamente enviándolle correos con falsos positivos a Marce
 para que poida corrixir as regras e metendo excepcións segundo
 corresponda.

 Como valoración persoal quero dicir que esta ferramenta promete moito e
 que debemos usala en tódolos proxectos, xa que as últimas regras que
 Marce ten escrito, incluso os consensos da Trasnada10, son bastante boas
 e axudan bastante.

 Anexo un parche cos cambios que fixen nalgunhas regras ou mesmo aquelas
 que tiven que eliminar porque ou ben non funcionan ben ou ben funcionan
 de máis.

 Aínda así as estatísticas finais non son correctas xa que a cantidade de
 erros finais (400 e pico) conto que máis do 80% son falsos positivos
 (regras están ben escritas pero que o contexto valida a tradución).

Eu paseille só as regras da Trasnada a Xfce e fixen uns 90 cambios,
entre os que se inclúe un «ventá» que se escapou da homoxeneización de
«window» de hai máis dun ano. Isto podemos sumalo aos máis de 600
cambios feitos á man, e con moito traballo, antes de usar Pology.

O certo é que a integración de Pology con Lokalize é incriblemente
útil e facilita moitisimo o traballo, xa que abre os ficheiros nos que
se detectaron erros e só se mostran as cadeas con posibles erros
detectados (mostrando os comentarios devoltos por Pology respecto dos
erros que di detectar na cadea en cuestión). Revisar de forma
automática as traducións deste xeito é moi agradable, sobre todo
despois de eliminar Marce certos falsos positivos que non deberían
saltar.

Comento tamén que se crearon dous bugs, un para Virtaal e outro para
Gtranslator, para que se inclúa compatibilidade con Pology nestas dúas
ferramentas e non obrigar á xente a cambiarse a Lokalize para
aproveitar ao máximo Lokalize. O desenvolvedor de Pology mostrou o seu
interese e está agardando a que os desenvolvedores desas dúas outras
ferramentas movan ficha, así que non viria mal que presionedes algo
para darlle prioridade a estes bugs:

Bug para Gtranslator: https://bugzilla.gnome.org/show_bug.cgi?id=640445
Bug para Virtaal: http://bugs.locamotion.org/show_bug.cgi?id=1851

Moitas grazas polo teu gran traballo nas regras Marce!! E tamén a
Chusslove por crear o Pology!

Propoño facer un obradoiro de dez minutos na vindeira Trasnada para
que a xente aprenda a usar o básico.

Deica
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [gnome-gl] Corrección de GNOME con posieve e as regras de MVillarino

2011-01-26 Conversa J.M. Castroagudín
On Wed, 26 Jan 2011 18:45:26 +0100
Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com wrote:

[...]
 
 Propoño facer un obradoiro de dez minutos na vindeira Trasnada para
 que a xente aprenda a usar o básico.

Eu apuntaríame. 

Estou ultimamente moi mangante cos ordenadores, non dou conseguido que
me entren as ganas de poñerme a fozar con este tema, pero parece que
ten moi boa pinta...


 
 Deica
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



-- 
Saúde,

J. M. Castroagudín (jchaves)
http://chav.es
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto