Ola.

O meu primeiro comentario é "moita sorte". O segundo é "vai ser unha
milagre que deas feito o que te propós", ou mellor dito "o que Méixome
che está indicando que fagas".

2013/6/5 Marcos Chavarría Teijeiro <chavarria1...@gmail.com>:
> Ola.
>
> Grazas a todos polas vosas achegas e en especial a Antón Meixome que, de
> todos os sitios onde preguntei, foi moi de lonxe o que máis contribuiu :D.
> Mil
> grazas!!
>
> Por outro lado hai algunhas cousas que non termino de entender:
>
>> - Estatísticas
>
> Refireste a numero de palabras / frases traducidas no ficheiro/proxecto?

Supoño que cando menos algo semellante ao que se mostra en Virtaal
(Alt+Intro) para un ficheiro.


>> - Xestión das cabeceiras
>
> Supoño que te refieres as cabeceiras dos documentos .po por exemplo pero que
> pensas que se debe xestionar aí.

Supoño que entre outras cousas:

* actualización automática das datas,
* inclusión automática dos datos do tradutor,
* un diálogo para permitir editala manualmente.


>> Tradución automática
>
> Refireste a empregar unha ferramenta externa tipo Google Translator ou a
> que?

Si, a tradución automática é a tradución realizada por un programa.
Por exemplo Google Translator, Bing Translator, Opentrad, Apertium...

Non confundir con memoria de tradución, onde incluiría tamén amaGama,
Open-tran e Transvision ademais de Trobador.


>> - Creación de terminoloxía automatizada (baseándose en estatísticas).
>> Isto é moi importante para a "continuidade" dunha tradución previa.

Mira poterminology:
http://docs.translatehouse.org/projects/translate-toolkit/en/latest/commands/poterminology.html


>> - Análise de coherencia-calidade da terminoloxía
>
> Non teño moi claro como facer iso :S...
> Unha vez que se traduce unha frase o programa podería interntar detectar
> mediante
> un glosario auxiliar cal é a tradución de cada termo dunha frase e revisar
> se é o que se
> esta a usar no resto do ficheiro/proxecto lanzando un aviso en caso
> contrario. Sería algo así?

Isto sería integrar con Pology para usar Posieve con regras como as
que temos para o galego, onde comprobamos que determinada palabra se
traduciu de tal xeito.

Deica


> Un saúdo,
> Marcos Chavarría Teijeiro.
>
> PD: Teño unha wiki do proxecto en Gnome Live onde resumín todas as ideas que
> foron xurdindo, se
> se vos ocorre algunha que non este aí enviádeme un email ou respondede a
> este correo.
>
>
> 2013/6/4 Enrique Estévez Fernández <keko...@gmail.com>
>>
>> Ola.
>>
>> Con respecto aos formatos, eu diría que soporte todos os do
>> translate-toolkit, que o leve integrado e que sexa transparente para o
>> usuario. Pero que un usuario avanzado poida saber o que se está facendo e
>> configuralo a súa maneira.
>>
>> Penso que a maior parte das cousas xa as comentou Méixome.
>>
>> Saúdos.
>>
>>
>> 2013/6/3 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>
>>>
>>>
>>>
>>> 2013/6/3 Antón Méixome <cert...@certima.net>
>>>>
>>>> Ola Marcos
>>>>
>>>> - Capacidade para abrir-converter un número suficiente dos formatos
>>>> (.po, .ts, .xliff, mediawiki, html ...), incluído o formato de Android
>>>
>>>
>>> Engadiría... Docbook e asciidoc
>>>
>>>>
>>>> - Manexo integramente con teclado
>>>> - Realzado de variábeis e todo tipo de placeholders (xml, html, etc.)
>>>> - Troceado equitativo (número de palabras) e fusión intelixente do
>>>> traballo de varios tradutores sobre o mesmo ficheiro (situación:
>>>> ficheiro de 5000 cadeas, que se reparte entre varias persoas, por
>>>> tramos → fusión dos parciais para obter a tradución total
>>>> - Visión de proxecto (con múltiples ficheiros: canto hai traducido,
>>>> canto falta)
>>>> - Propagación de traducións a cadeas idénticas
>>>> - Posibilidade de comunicación escritorio-servizo web (cliente local -
>>>> Transifex ou outro)
>>>> - Creación de terminoloxía automatizada (baseándose en estatísticas).
>>>> Isto é moi importante para a "continuidade" dunha tradución previa.
>>>> - Análise de coherencia-calidade da terminoloxía
>>>> - Exportación de corpus aliñado
>>>> - Corrección ortográfica, oracional e de estilo (con distintas
>>>> ferramentas como hunspell, languagetools, ...)
>>>> - Estatísticas
>>>> - Adaptable a pantalla (opción de interface simple ou complexa)
>>>> - Controis de calidade (language tools)
>>>> - Xestión das cabeceiras
>>>> - Distintos modos de navegación entre cadeas (todas, só non
>>>> traducidas, con suxestións ou difusas)
>>>> - Autocálculo económico da tradución (prezo por palabras únicas con
>>>> ponderación do par de linguas e dificultade, urxencia...)
>>>> - Consulta de traducións doutros idiomas (se hai un repositorio
>>>> consultable)
>>>> - Capacidade de exportar-importar en formato .odt bilingüe con control
>>>> de cambios. (Para tradución de documentos e revisión por parte de
>>>> terceiros). A importación da revisión fariase a partir do control de
>>>> cambios do odt.
>>>> - Control de cambios no proxecto de tradución (traducións de longa vida)
>>>> - Buscas en Internet integradas (Buscatermos, Wikipedia, etc)
>>>>
>>>> - Multiplataforma e autocontido (para Windows)
>>>>
>>>> Por suposto,
>>>>
>>>> Memoria de tradución (se hai varias, poder priorizalas)
>>>> Consulta a servidor de TMX remoto (Trobador)
>>>> Actualización dunha determinada TMX automática e exportable.
>>>> Glosario de unidades terminolóxicas (non de palabras soltas)
>>>> Consulta a servidor TBX remoto (Terminator)
>>>> Tradución automática (con devolución da tradución mellorada á máquina)
>>>>
>>>>
>>>> 2013/6/3 Marcos Chavarría Teijeiro <chavarria1...@gmail.com>:
>>>> > Ola a todos!
>>>> >
>>>> > Fai uns meses enviei un correo a esta lista para preguntarvos
>>>> > se me podíades orientar con posibles melloras para o Gtranslator
>>>> > dentro do Google Summer of Code deste verán.
>>>> >
>>>> > Ó final a miña proposta foi non mellorar senón rediseñar e reescribir
>>>> > este programa en Vala, así que volvo a vós para pedirvos axuda e
>>>> > preguntarvos que incluiríades cada un na vosa ferramenta perfecta.
>>>> >
>>>> > Esta pregunta inclúe tanto aspectos de interface gráfica como de
>>>> > presencia de determinadas caracteristicas. Así que se algunha vez
>>>> > pensastes que o voso editor tiña que ter un par de ás e poder voar
>>>> > este é o momento de dicilo.
>>>> >
>>>> > Un saúdo,
>>>> > Marcos Chavarría Teijeiro.
>>>> >
>>>> > _______________________________________________
>>>> > Proxecto mailing list
>>>> > Proxecto@trasno.net
>>>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>> >
>>>> _______________________________________________
>>>> Proxecto mailing list
>>>> Proxecto@trasno.net
>>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>
>>>
>>>
>>>
>>> --
>>> Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org
>>> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
>>> http://galpon.org
>>> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
>>> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
>>>
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>
>>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>
>
> _______________________________________________
> Rolda de correo de gnome-gl-list
> gnome-gl-l...@gnome.org
> https://mail.gnome.org/mailman/listinfo/gnome-gl-list
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a