AFORJANB36 wrote: > > Ola. > > Esta é unha mensaxe para decirvos que algún(s) membros de Galego21 > estaremos nesa Xuntanza de Marzo en Compostela e esparamos coincidir alí > con todos vos. Polo de pronto xa vos anuncio que estamos dispostos a > axudarvos en algún proxecto ou a encetar algún proxecto en común na medida > das nosoa posibilidades, así que sería bo comezar a falar de datas, horas; > e cecais proxectos? > > Saudos.
con esto que vou dicir non me estou a referir unicamente ao que dis ti, senón a moitas outras propostas que se fan arredor das xuntanzas; así que non mo tomes a mal nin apliques todo o que digo a este caso. as xuntanzas son importantes nos grupos e asociacións de calquera tipo; pero nestas asociacións ou grupos nos que estamos non hai unha única vía de reunirse. precisamente nós temos que aproveitar as bondades da tecnoloxía: por exemplo, permiten comunicarnos tal e como estou a facer eu agora. non importa onde e cando lea cada un o correo-e (ou grupos de noticias) que todo o mundo se vai enterar. como mostra dicir que nas listas de correo do GLUG, GPUL-traducción e GzLiNuX hai moita moita xente incluso de fóra da Galiza: Madrid, Reino Unido, Brasil, etc. outro método: o IRC. si si, normalmente o IRC é máis de carallada, pero por exemplo en Debian estano a utilizar para os debates dos candidatos a líderes do proxecto. así que eu poñería máis atención a comunicarnos que ao medio polo que nos comuniquemos, porque non esquezamos que nas xuntanzas "en persoa" sempre hai moita xente que por unha cousa ou por outra non quere/pode ir. se eses proxectos dos que falas os acordamos nas listas de correo, tod@s poderemos coñecelos e opinar sobre eles. debemos procurar que sempre teña acceso a maior cantidade de xente posible. para rematar, dicir que o da asemblea do GLUG que dicía eu anteriormente é un caso algo especial, porque temos unha organización diferente con estatutos, cuotas de socio, etc. o que si que dá máis sentido a reunións "en persoa" (pese a que aínda non fun a ningunha -Newton, non me mires así ;))))-). PD para a lista de GPUL-traducción: mando tamén a resposta a esta lista por se vos interesa o que di o autor. > Anxo. > > ---------------------------------------------------------- > >> Eu apoio os PROGRAMAS e o Linux en galego [http://www.galego21.org aburinho!! ________________________________________________________________________ Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) <cre...@cfutura.com> GzLiNuX- Documentación de GNU/Linux en galego [http://gzlinux.dhs.org] GLUG- Grupo de Usuari@s Galeg@s de Linux [http://www.glug.es] Debian GNU/Linux [http://www.debian.org] <-> GNU [http://www.gnu.org] -- Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es poñendo "unsubscribe" na mesaxe