2013/4/4 Enrique Estévez Fernández <e...@keko.me>:
> Ola.
>
> Na USC vaise organizar o fiadeiro de localización de software libre
> que se vai pola quinta edición. Na súa organización vamos a colaborar
> Antón e máis eu. Un dos aplicativos que estamos barallando para a súa
> tradución emprega ficheiros xml.
>
> Estiven investigando e parece que se poden converter a ficheiros .po
> coa seguinte utilidade:
>
> po4a
> http://manpages.ubuntu.com/manpages/precise/es/man7/po4a.7.html
> http://manpages.ubuntu.com/manpages/precise/es/man1/po4a-translate.1.html
> http://manpages.ubuntu.com/manpages/precise/es/man1/po4a-gettextize.1.html
>
> Fixen unha pequena proba, basicamente convertín un ficheiro xml do
> aplicativo en cuestión a po, traducín un par de cadeas, volvín a
> convertelo a .xml, e todo estaba igual menos o que se traducira, co
> que parece que funciona.
>
> Alguén coñece esta utilidade? Alguén a probou? Alguén coñece outra similar.

Coñézoa e téñoa empregado algunha vez hai moito tempo. Pero non lembro
que tal funciona. Para converter xml atopei
https://github.com/mate-desktop/mate-doc-utils/tree/master/xml2po
aínda que nin sequera a probei.

Deica

> Saúdos.
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a