Boas o match case é bastante común con respecto a cadros de busca onde aparece como opción.

Neste caso a tradución do portugués foi:
Considerar maiúsculas e minúsculas

E a do español:
MAYÚS/minús

A miña explicación para a tradución do español é que a outra opción é moi extensa en canto a caracteres.

Está claro que "Diferenciar maiúsculas e minúsculas" é a tradución máis axeitada, pero que pasa se non cabe? sería posíbel ter alternativa ou unha abreviatura para esta tradución.




En 2011/04/29 12:18, Leandro Regueiro escribiu:
2011/4/29 damufo<dam...@gmail.com>:
Boas
Teño unha cuestión con

Match case
Entendo que a tradución correcta sería
Diferenciar maiúsculas e minúsculas

O caso é, existe capitalización con este significado?
Diferenciar capitalización?

Aquí aparece:
http://en.gl.open-tran.eu/suggest/Match%20case

Comento isto porque penso que queda moi longo o texto da tradución respecto
do texto orixinal.
case->  maiúsculas e minúsculas

Algunha opinión?
«Match case» tradúcese como «diferenciar maiúsculas de minúsculas»
segundo os catro glosarios para os que atopei resultados:
https://forxa.mancomun.org/plugins/scmsvn/viewcvs.php/match_case.txt?root=terminoloxiaseg&view=markup

Pero segundo entendo a túa dúbida é como traducir «case». Respecto
disto non cho sei e unha busca rápida no Digalego non me solucionou a
dúbida.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a