> O contexto é o dos cms cando un está a crear/modificar un elemento/artigo,
> este márcase de xeito que outro usuario non poda modificalo.


> Cando o usuario que ten o artigo/elemento remata e pecha este queda libre.
> As veces, porque caduca a sesión ou outros motivos un determinado elemento
> queda marcado como ocupado por outro usuario polo que non permite a súa
> modificación

vista a descrición, casa co concepto de "locking" de subversión
(http://svnbook.red-bean.com/en/1.2/svn.advanced.locking.html).

"lock" en xeral aparece traducido como "bloquear" ou "trancar"/"atrancar".

Se non me falla a memoria, eu viña usando "trancar" referido a impedir
entrar e reconfigurar (incl. a posición), e "bloquear" para o resto.
Pero agora que me decato, "reservar"/"reservado" acáeselle ben a isto,
dado que efectivamente, estas a gardar especialmente certo contedor de
información para determinado usuario.

Saúdos,
Marce Villarino
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a