Un milleiro de grazas polo suxestión. Remito a información do congreso á
asociación e ver se alguén tería a posibilidade de acudir.

Saúdos,
Miguel

O 20 febreiro 2015 19:47, Gabriel Pérez <lorient...@gmail.com> escribiu:

> Prezados membros do Proxecto Trasno:
>
> Chámome Gabriel e son o lector de galego da Universität Heidelberg. Xunto
> cos meus compañeiros de lectorados doutras unis de Alemaña, conseguimos que
> por primeira vez se aprobase unha sección de estudos galegos para un
> congreso de Lusitanistas alemá.
> Sería moi importante que puidesedes presentar algún dos múltiples
> traballos que facedes.
>
> Saúdos cordiais.
> Gabriel
>
>
>
> A coordinación da sección
>
>
> *“Cibercultura, linguaxes e medialidade:
> <http://www.lusitanistentag2015.rwth-aachen.de/pt/congresso/seccoes/seccao-12/>*
>
> *hibridación e conflito nos espazos xeoculturais galego e lusófono”
> <http://www.lusitanistentag2015.rwth-aachen.de/pt/congresso/seccoes/seccao-12/>*
>
>
> do 11º Congresso Alemão de Lusitanistas
> <http://www.lusitanistentag2015.rwth-aachen.de/pt/congresso/tema-geral/>
> (Aachen, 16-19/09/2015) solicita o envío de propostas de relatorios (20
> minutos).
>
> As propostas (cun máx. de 500 pala*b*ras, 5 palabras-chave e relacionadas
> cunha das liñas temáticas, *cf. infra*) deben ser enviadas até *30 de
> Abril de 2015* aos coordinadores da sección:
>
> gabriel.perez.du...@iued.uni-heidelberg.de
>
> jairo.dor...@gmail.com, daniel.barbero_pat...@uni-leipzig.de
>
> ou b...@uvigo.gal
>
> Todas as propostas pasarán por un sistema de *blind peer review* e os
> resultados desta avaliación serán comunicados até ao dia 30 de maio de
> 2015.
>
> Os relatorios deben ser presentados en lingua galega, portuguesa, inglesa
> ou alemá.
>
> Está prevista unha posterior publicación dun conxunto seleccionado de
> relatorios nunha edición científica con *peer review*.
>
>
> *Presentación da sección:*
>
> En boa parte das sociedades actuais, os fenómenos de globalización non son
> unha novidade, senón que poden ser vistos como un proceso constante con
> distintas formas, características e ritmos evolutivos. Hoxe en día,
> prodúcese unha intensificación das interaccións que converten os vencellos
> transfronteirizos en algo cotián. Isto implica, por unha banda, a expansión
> de prácticas e de lóxicas socioculturais, políticas e económicas que teñen
> unha imbricación, asemade, global e local e, pola outra, actúan como
> catalizador que fomenta a emerxencia de fenómenos de diversa índole
> (políticos, culturais, sociais, etc.) que afectan dun xeito conflitivo á
> configuración interna dos sistemas socioculturais.
>
> Ao mesmo tempo, estanse a dar importantes transformacións grazas á
> consolidación dos medios dixitais. En consecuencia, este proceso implica
> mudanzas en diferentes niveis sociais, dende os formatos de creación
> coñecidos ata o de agora, pasando polas lóxicas organizativas das persoas e
> das comunidades (movementos asociativos e políticos, comunidades de
> software libre, entre outras). Ademais, non hai que esquecer a converxencia
> mediática e cultural marcada polas relacións transculturais e a integración
> de diferentes medios a partir dos cales xorden novas linguaxes de produción
> cultural e comunitaria. Polo tanto, esta sección tamén ten como obxectivo
> explorar como os sistemas culturais minorizados (neste caso o galego) se
> apropian, adaptan ou dan forma a estes procesos globalizados e/ou
> globalizadores no contexto dixital. Tentaremos facer fincapé nas relacións
> ou conflitos transculturais e intraculturais que estas mudanzas
> socioculturais xeran no sistema.
>
> No noso parecer, unha cultura cada vez máis globalizada provoca unha
> necesidade de reavaliarmos toda unha serie de constelacións conceptuais
> (lingua, identidade, normalización, creación artística, modelos de
> planificación social, entre outros moitos) que ata o de agora deixaron de
> lado a conflitividade e a inestabilidade propia de todos os sistemas
> culturais; amais, estes factores fixéronse máis patentes na actualidade co
> ritmo imposto pola globalización. O noso interese de revisión tamén se
> deriva do feito de que o sistema cultural galego se atopa entre dous
> grandes dominios culturais con transcendencia global: os mundos de
> expresión portuguesa e da hispanidade, cuxas influencias e interferencias
> na cultura galega son de diferente natureza e intensidade.
>
> En última instancia, esta sección quere contribuír á análise de fenómenos
> culturais e dos seus procesos de mudanza sociocultural, adoptando
> ferramentas de análise dende perspectivas transdisciplinares e
> comparatistas. Tampouco non queremos esquecer de facilitar o debate
> epistemolóxico que problematice os modos de análise establecidos.
>
> Dunha forma xeral, esta sección está aberta a recibir propostas
> provenientes das seguintes áreas de coñecemento e metodoloxías: literatura
> comparada, estudos migratorios, antropoloxía, socioloxía, educación,
> arquitectura, belas artes, estudos de tradución, estudos teatrais,
> etnografía, gastronomía, ciencias naturais e ecoloxismo, estudos de xénero,
> ciencias da comunicación, tecnoloxías da información, deportes, turismo,
> musicoloxía, ciencias da saúde, estudos queer, estudos poscoloniais,
> historia, xeografía, (socio)lingüística, dereito, economía, política,
> filosofía, audiovisual, artes plásticas, historia da arte, estudos
> culturais e literatura.
>
> *Liñas temáticas da sección:*
>
> 1.   Mudanza social e reconfiguración dos fenómenos socioculturais en
> Galiza.
>
> 2.  A mediación de internet no ecosistema informativo e cultural galego
> en relacións cos sistemas culturais lusófonos e hispánicos.
>
> 3.   Unha abordaxe transdisciplinar dos procesos de translación cultural
> dende e para o contexto galego, cuestionando os mecanismos da oposición
> centro/periferia.
>
> 4.   Variación e cambio lingüístico no contacto de linguas en Galiza, con
> especial atención ás implicacións culturais e lingüístico-interaccionais do
> desprazamento migratorio (tanto transculturais como intraculturais) e as
> relacións entre escritura e oralidade.
>
> 5.   Transformación e conflito das diferentes prácticas tradutivas dende
> e para o sistema cultural galego en relación cos sistemas culturais
> lusófonos e hispánicos, tanto a nivel transcultural como intracultural.
>
> 6.  Novas formas de organización social, ciberactivismo sociocultural e
> medios de comunicación de base en Galiza.
>
> 7.   O paradigma das humanidades dixitais na construción e visibilidade
> do sistema cultural galego e da súa relación con outros espazos culturais,
> como os lusófonos e hispánicos.
>
>
>
> *Conferenciantes convidado/a:*
>
> Prof. Dr. Manuel Gago (Universidade de Santiago de Compostela)
>
> Profa. Dra. Eugenia R. Romero (Ohio State University)
>
>
>
> *Coordinación da sección:*
>
> Gabriel Pérez Durán (Universität Heidelberg):
> gabriel.perez.du...@iued.uni-heidelberg.de
>
> Jairo Dorado Cadilla (Freie Universität Berlin): jairo.dor...@gmail.com
>
> Daniel Barbero Patiño (Universität Leipzig):
> daniel.barbero_pat...@uni-leipzig.de
>
> Burghard Baltrusch (Universidade de Vigo): b...@uvigo.gal
>
>
> *Matrícula:*
>
> A matrícula debe ser realizada até o 30 de xuño de 2015 (60€ para membros
> do DLV e 80€ a partir do 1 de xullo de 2015):
> http://www.lusitanistentag2015.rwth-aachen.de/pt/inscricao/.
>
>
> *Máis información sobre o congreso: *
> http://www.lusitanistentag2015.rwth-aachen.de/pt/congresso/tema-geral/
>
>
> Saúdos cordiais,
>
> Gabriel Pérez Durán
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a