Am Thu, 5 May 2011 19:11:54 +0200
schrieb Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:

> Por imperativos familiares teño que afacerme a traballar con CentOS...
> hai alguén que estea afeito a el?
> 
Boas,

A min tocárame hai tempo enredar hai tempo con RedHat, por culpa de non
sei que cousa que comprara (ou ía comprar) a empresa e que non levaba
soporte para Debian. Así que, antes de comprar aquela cousa, recordo ter
trasteado cunha CentOS, para írmonos afacendo.

A nivel dun usuario: pouca diferencia hai. Segues tendo un escritorio,
co seu navegador e con todas as cousas que hai en calquera distro.

Para instalar cousas: creo que tiña algo coma o Synaptic, pero non
che sei dicir máis. Dende a consola, hai que usar "yum" en vez de
"apt-*". Creo recordar que "yum search" era algo máis xeitoso ca o
"apt-cache search", e que "yum update" non era coma o "at-get update",
senón coma un "upgrade". Pero vaia, unha vez cambias algo o chip, logo
te afás. 

Que máis... podes atopar algún cambio no /etc, e pode que non teñas
cousas como "locate", "updatedb"... Pero non sei se non viñan
instalados, ou é que non os había nos repos... Igual tampouco tes
cousas como o "update-alternatives", pero xa non me acordo. Ademais,
pode que todo isto xa cambiara dende aquela...

Ao final, é unha distro que usa Linux e máis as utilidades GNU, así que
calquera cousa que tiveras funcionando nunha Debian-like, hanche de
funcionar aí. Estou a pensar en cousas coma scripts que usen grep, awk,
e así, e en cousas algo máis estrámboticas que teñan que mirar
algo en /proc, ou cousas raras.

Mmm... que máis... pode que, se non tocas nada durante a instalación,
teñas predeterminadas cousas coma SElinux. Recordo hai tempo ter
probado unha fedora, mantendo /home aparte, e cando volvín a Debian,
tiña os permisos dos ficheiros de /home algo trastocados.

Pouca cousa máis che podo contar así de memoria. Se cadra cando empeces
a fedellar atopas cousas raras, e ao mellor se as comentas podo
recordar se a min tamén me pasara, e botarche unha man...


Por certo... isto é algo off-topic, non? jejeje

-- 
Saúde,

J. M. Castroagudín (jchaves)
http://chav.es
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a