Poderías acercarte hoxe polo local do GRUVI?

Estarei alí desde as 11:30 ata entrada a tarde (se cadra irei antes,
pero esa é unha hora segura)

O GRUVI está no Pavillón C, Edif Newton da facultade de Filoloxía e
Tradución (antigo CUVI) no segundo andar local 5

2011/10/11 Anxo TAto <eupi...@gmail.com>:
> Boas!
>
> Son Anxo, un rapaz da Universidade de Vigo.
>
> Quería comentarvos un tema. Estou nunha asociación que se chama Trabalingua.
> E queriamos facer unha charla sobre a localización de SW (libre) ao galego
> este cuadrimestre. Tamén nós gustaría facer un cursiño práctico de
> localización de SW libre ao galego a comezos do 2º cuadrimestre.
>
> Vimos que nunha wiki de Trasno hai un proxecto para facer unha xornadas ou
> algo similar ao que expusen arriba en Vigo. Tamén estamos ao tanto das
> Xornadas-Conferencias que fixestes en Coruña o ano pasado.
>
> O que queremos saber é se ese proxecto de obradoiro-curso-xornadas en Vigo
> xa o estades organizando. Se é así gustaríanos moito colaborar. E se ese
> proxecto o tendes aparcado, dende a nosa asociación gustaríannos colaborar
> convosco para levalo adiante.
>
> Aparte de iso gustaríanos facer unha conferencia sobre a localización do SW
> libre, para introducir á xente no tema e como 1ª toma de contacto con
> futuros participantes nese curso.
>
> Agardo novas vosas.
>
> Apertas
>
> Anxo Tato
> Asociación Trabalingua
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>



-- 
Membro de «The Document Foundation projects» http://gl.libreoffice.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Membro do «Grupo de Amigos Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a