Ola, acabo de rexistrarme. Agradecemos moito dende Trasno, ou iso
penso, que abrades o proceso de tradución a voluntarios. Hei
aproveitar para avaliar a ferramenta de tradución Entrans, que ainda
non coñezo moito.

Entrei na páxina http://www.mancomun.org/entrans/main.php para ver
como ía a tradución e vin que só se leva feito o 3%, ¿¿como é isto
posible??

Aproveito tamén para informarvos da necesidade que viu algunha xente
de formar un grupo de persoas que lle dea tradución oficial a nomes de
moedas, cidades, paises, zonas horarias, linguas, etc. Contactamos con
xente do Termigal pero parece ser que eles non se ocupan desas cousas,
ainda que unha persoa ofreceuse voluntaria para colaborar.

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

On 10/10/06, Xoán Fernández <xo...@cesga.es> wrote:
Acabamos de poñer en marcha un novo servizo na web de mancomun.org ao
cal se pode acceder a través da seguinte ligazón web:

http://www.mancomun.org/entrans

Con este novo servizo queremos implicar á maior cantidade de xente
posible a que colabore na tradución de Software Libre, e para iso
empezamos,  poñendo á vosa disposición, as cadeas que quedan por
traducir ao galego da próxima versión do OpenOffice. Unha vez teñamos
estes ficheiros traducidos poderemos sacar a próxima versión do
OpenOffice en galego gracias á vosa colaboración...

Fai click nesta ligazón para participar:
http://www.mancomun.org/index.php/component/option,com_content/task,view/id,549/Itemid,2/


--
To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a