Re: ISO 3116-1 Lista de Países

2008-08-08 Conversa Leandro Regueiro
Isto xa o dixen noutra mensaxe e doulle a razón a Jacobo. A non ser
que vaiamos beber das propias fontes, deberiamos usar os ficheiros do
TP para traducir. Ademais xa se falara do tema este despois do g11n e
nomeara non menos de tres sitios onde hai ficheiros .po con nomes de
paises/moedas/linguas/zonas horarias/cidades/rexións para traducir,
pero o TP é onde máis hai e onde hai de todo.

Como penso que isto pode ser moi útil haberia que poñelo nun TBX
deses, e como seria de utilidade para moita outra xente, propoño
habilitar unha especie de servizo que xere páxinas web a partir das
traducións feitas e revisadas por todos, para que non teñamos que ilas
metendo a man nunha wiki, o que é moi traballoso. Deste xeito calquera
persoa poderá usar esas traducións.

Perdoade o comentario, pero este é un tema recurrente, dende que estou
en Trasno falouse do tema este non menos de tres veces.

Ata logo,
Leandro Regueiro

Re: ISO 3116-1 Lista de Países

2008-08-08 Conversa Leandro Regueiro
2008/8/8 Miguel Branco bandu...@gmail.com:

 Movemos esta conversa á lista g11n?

Por min si...

 O Friday 08 August 2008 11:23:17 Leandro Regueiro escribiu:

 de todo iso hai as ISO correspondentes (excp., cidades e rexións).

Cidades e rexións teñen ficheiro no TP.

 eu non o vira discutido/non o recordo; así q sinto a duplicidade

Igual foi antes de ter chegado ti. Dende cando andas por aquí?

Ata logo,
   Leandro Regueiro

Re: ISO 3116-1 Lista de Países

2008-08-08 Conversa Miguel Branco
O Friday 08 August 2008 12:14:44 Leandro Regueiro escribiu:

perfecto, non o sabía cando traducín parte do Kgeography, glup)

Por trasno creo que un ano, antes andivera por esa cousas esperpéntica que era 
a tradución de mozilla en Galego21 e a lista de mozdev.

Pois agora tes que facer o traballo de levalo de volta ós ficheiros do
TP, supoño que podo axudarche cando teña tempo, e despois traducir
sempre nos ficheiros do TP e levámolo ós ficheiros de KDE, GNOME,
Xfce, Mandriva, Fedora, openSuse, Debian... Penso que é o mellor
sistema.

iso_15924 sistemas de escritura, se entendin ben
http://en.wikipedia.org/wiki/ISO_15924
iso_3166   Codes for the representation of names of countries
and their subdivisions – Part 1: Country codes
http://en.wikipedia.org/wiki/ISO_3166
http://en.wikipedia.org/wiki/ISO_3166-1
iso_3166_2   Codes for the representation of names of countries and
their subdivisions – Part 2: Country subdivision code
http://en.wikipedia.org/wiki/ISO_3166
http://en.wikipedia.org/wiki/ISO_3166-2
iso_4217   Moedas http://en.wikipedia.org/wiki/ISO_4217
iso_639 Linguas  http://en.wikipedia.org/wiki/ISO_639

  Como penso que isto pode ser moi útil haberia que poñelo nun TBX
  deses, e como seria de utilidade para moita outra xente, propoño
  habilitar unha especie de servizo que xere páxinas web a partir das
  traducións feitas e revisadas por todos, para que non teñamos que ilas
  metendo a man nunha wiki, o que é moi traballoso. Deste xeito calquera
  persoa poderá usar esas traducións.
 
  Perdoade o comentario, pero este é un tema recurrente, dende que estou
  en Trasno falouse do tema este non menos de tres veces.
 
  eu non o vira discutido/non o recordo; así q sinto a duplicidade

 Igual foi antes de ter chegado ti. Dende cando andas por aquí?

 Por trasno creo que un ano, antes andivera por esa cousas esperpéntica que era
 a tradución de mozilla en Galego21 e a lista de mozdev.

Un ano só? Eu levo dende 2004.

Ata logo,
  Leandro Regueiro

Re: ISO 3116-1 Lista de Países

2008-08-06 Conversa Jacobo Tarrio
El miércoles,  6 de agosto de 2008 a las 18:36:01 +0200, Miguel Branco escribía:

 Unha das cousas das que se falara na g11n era a inexistencia dunha lista de 
 países traducidos ó galego, refírome a unha que poida ser tomada como 
 estándar. 

 Eeeeh, si que hai varias listas.

 Por exemplo, esta que está no GNU TP:
http://d-i.alioth.debian.org/l10n-stats/level2/files/gl/iso-codes_iso_3166_gl.po

 Ou, sen ir máis lonxe, http://trasno.net/trasno:lista_paises

 Estou seguro de que en Mozilla hai outra (haina de idiomas seguro), e fixo
que en Evolution hai, ou había, outra. E se non hai unha máis no Unicode
CLDR é porque non me puxen a iso.

-- 
   Jacobo Tarrío | http://jacobo.tarrio.org/