Buf, mi madriña

O gráfico 1 é espectacularmente claro respecto da Península Ibérica pero é
difícil extraer conclusións porque as relacións teñen que ver con moitos
parámetros pero o que máis chama a atención é a asimetría. Ademais só se
fala de contidos web (e non correo electrónico, redes sociais ou outras
canles realmente moi relevantes)

-individuos bilingües ou sites
-asociacións xeográficas
-relacións económicas
-grupos de inmigrantes ou residentes que manexan linguas de orixe e
residencia


Hai un grupo pequeno de linguas dominantes ( e as demais Case sempre as
relacións en Europa danse en termos de dominancia). O alemán é
superdominante. As linguas dominantes non ofrecen correspondencia.

As relacións entre os idiomas da PI son singularmente intensas, utilizando o
español como punto neutro. As relacións son ata 10 veces máis intensas do
común. O asturiano non aparece.
Con todo, o galego é o único que mantén conexión co portugués, mentres os
demais fano co francés. Curiosamente co español é o francés o que conecta.
O galego e o portugués manteñen a mesma relación que entre portugués e
español, relacións visibles pero escasas relativamente.
Todos os idiomas da PI manteñen unha forte conexión co español, agás o
portugués, que ten unha relación regular.

O galego forma parte do selectísimo grupo de linguas do mundo que ten a masa
crítica suficiente para aparecer na escena internacional. Mantemos o mesmo
nivel de interlocución directa co inglés que o catalán ou o alemán. O 75%
das linguas nacionais son invisibles para o inglés. Ou dito doutra maneira,
os sitios en inglés non necesitan consultar contidos noutros idiomas, están
ensimesmados :-D
O portugués recibe a metade de referencias do inglés que o español.

Relacións:

- As relacións directas entre linguas europeas son menos numerosas que entre
estas e o inglés. O inglés aumenta cada vez máis o seu papel de lingua
internacional.
- As relacións entre linguas ibéricas son moi relevantes pero non son
directas senón a través do castelán, que non actúa como unha lingua máis
senón como dominante e introvertida.
- O galego é a única lingua peninsular conectada co portugués, pouco, pero
tampouco hai suficiente correspondencia, xa que quizais se faga a través do
castelán
- O peso do galego na PI. De menos a máis: (asturiano), vasco, galego,
catalán, portugués, español. As linguas por debaixo do catalán están
minorizadas na súa propia sociedade. O galego ten un peso superior ao que
lle corresponde por falantes, o vasco aínda máis.

Estratexias
- Cómpre manter e aumentar as vinculacións directas co inglés, dado o seu
carácter de lingua ponte ao ámbito internacional
- Sería interesante crear unha vinculación co alemán como lingua central
europea e igualar a conexión co francés que manteñen as demais
- Cómpre crear vinculacións directas coas demais linguas peninsulares
(catalán, éuscaro, ...), manter ou reforzar co portugués e lograr unha
correspondencia significativa por parte do español e do portugués.

Conclusión:
Moito por facer, sobre todo, moito prexuízo por romper




2011/7/9 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>

> Seguro que máis dun obtén conclusións interesantes, non si Antón?
> http://googleresearch.blogspot.com/2011/07/languages-of-world-wide-web.html
>
> --
>  /\  Dia da liberdade dos documentos -  Libera os teus documentos
> _\/` http://documentfreedom.org/     -  30 de marzo de 2011
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a