Grazas por difundilo.

Galiza, diamante en bruto!
O 14 feb, 2016 5:17 p.m., "Antón Méixome" <cert...@certima.net> escribiu:

> Lexnet non é un "sistema" calquera, leva uns 10 anos de
> desenvolvemento co obxectivo de converterse na administración dixital
> de todas as facetas da xustiza, un sistema que globaliza o uso do
> dixital e eliminará o uso do papel.
>
> O problema son os detalles:
> Déixovos para lectura, un artigo que levaba tempo esperando. Alguén
> con coñecemento directo e excelente criterio:
>
> Un extracto:
>
> «se está utilizando una tecnología propietaria, se están utilizando
> máquinas que solamente funcionan con un determinado Java, no se está
> cifrando la información, la identificación de los usuarios esté en
> manos de ActiveX (diseñado por una empresa que ha tenido gravísimos
> fallos de seguridad) y los formatos exigidos (como el PDF) hacen que
> el sistema no sea interoperable.»
>
> http://www.baquia.com/tecnologia/base-tecnologica-lexnet-inconstitucional
>
>
> Trasno levou este asunto ás reunións coa AMTEGA pedindo que se estude
> a fondo, debido á transcendencia, do mesmo calibre que o software que
> se utiliza no sistema educativo.
>
> Aquí están en xogo os dereitos dos cidadáns e mesmo a calidade da
> democracia na nosa sociedade. Por non falar das garantías para o uso
> do noso idioma, da invasión de competencias autonómicas ou da
> indefensión cando se produzan todo tipo de problemas de funcionamento
> ou do monopolio tecnolóxico en que queda encerrado todo.
> _______________________________________________
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a