Re: Mais dubidas______a proxima semana máis

2004-04-27 Conversa Jesus Bravo Alvarez
O Luns 26 de Abril de 2004 ás 17:03, Jacobo dicía:

 ¿que xenero ten shell 
 Boa pregunta :)

Habitualmente dicimos a shell, pero vai ti saber :)

 CUPS queue 
 Cola de CUPS (CUPS é outro programa)

Fila, cola non existe.

 monitor (usado coma verbo, p.ex. [monitor a server])
 Monitorizar, diría eu

Eu uso iso.

 retry
 Volver tentalo

Ou tentar de novo (paréceme máis claro)

 broadcast
 Unha vez traducino coma multidifusión, pero agora creo que é unha mala
idea, porque tamén hai multicast, así que mellor déixao así (enderezo
broadcast, etc).

Mellor broadcast, pois é ;)


P.D: O xoves se todo vai ben serei enxeñeiro, xa eran horas! ;D

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
http://www.pobox.com/~suso
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: Mais dubidas______a proxima semana máis

2004-04-27 Conversa Jacobo Tarrio
O Martes, 27 de Abril de 2004 ás 00:32:12 +0200, Jesus Bravo Alvarez escribía:

 P.D: O xoves se todo vai ben serei enxeñeiro, xa eran horas! ;D

 Pois hala, agora a practica-lo teu discurso :D

-- 

   Tarrío
(Compostela)
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: Mais dubidas______a proxima semana máis

2004-04-26 Conversa Jacobo Tarrio
O Luns, 26 de Abril de 2004 ás 13:57:43 +0200, unho escribía:

 GPS 'viz' utility

 Ou utilidade 'viz', ou visualizador de GPS. Non sei se hai un programa
chamado 'viz'.

 blobs viewer :)

 Visor de obxectos binarios.

 ¿podese deixar suite coma suite??

 Depende. Se non é parte do nome dun programa, traduciríao por conxunto ou
xogo. Un xogo de utilidades, un conxunto de programas, etc.

 media player

 Reproductor.

 ¿que xenero ten shell 

 Boa pregunta :)

 dise escanear, escaneo, etc ou non??

 Dixitalizar, se se trata dunha foto. Se é unha rede, explorar ou algunha
palabra semellante.

 ¿¿business cards=tarxetas de visita???

 Si.

 realtime effects

 Efectos en tempo real.

 iptables

 iptables é o nome dun programa, así que...

 CUPS queue 

 Cola de CUPS (CUPS é outro programa)

 waveform [waveform viewer]

 Forma de onda [visor de formas de onda]

 mixer=mesturador

 Si

 mixing

 Mesturando, mestura.

 synthesizer

 Sintetizador

 checker=comprobador=verificador??? 

 Ámbalas dúas son válidas

 recompressor for AVI files

 Recompresor de ficheiros AVI

 effect rack

 Conxunto de efectos

 audio mastering

 En audio, o master é a copia mestra, da que se fan tódalas demáis copias.
Eu poría creación do máster ou algo así (máster xa é un termo
estabrecido).

 kiki the nanobot

 Supoño que é un personaxe (traxe, garaxe, paxe e personaxe), ou algo así:
kiki o nanobot ;-)

 video transcoder 

 Trans-codificador de vídeo

 network mapper

 Xerador de mapas de rede

 networkbrowser

 Navegador de rede

 monitor (usado coma verbo, p.ex. [monitor a server])

 Monitorizar, diría eu

 stream capture viewer

 Visor de capturas de ... de... . ¿Como se traduciría stream? Regato
non, dende logo :D

 graphical timeline editor 

 Editor gráfico de tempos

 diff

 Se é o programa, diff. Se é un verbo, obter diferencias.

 merge

 Se é o programa, merge. Se é un verbo, mesturar.

 tool for memory profiling and leak detection

 Ferramenta para a detección e depuración de perdas de memoria, por exemplo

 sequencer

 Secuenciador

 computations [numerical computations] 

 Computacións ou cálculos

 runtime

 Tempo de execución, en tempo de execución. Se é runtime library é
biblioteca para tempo de execución.

 Opendir error: %s 

 Erro en 'opendir': %s  (opendir é unha función)

 append [append mode]

 Engadir [modo de adición]

 resolve proxy

 Resolver proxy

 if any [shutting down isdn/ippp devices (if any)]

 (se hai algún)

 startup

 Inicio

 loopback 

 Se é o dispositivo de rede loopback, deixaríao tal cal.

 [loading] keymap

 [cargando] mapa de teclado

 NFS lockd
 NFS statd
 NFS mountd

 lockd de NFS, etc.

 The BackSpace key sends: ^H 

 A tecla de retroceso envía: ^H

 Starting Jabber MSN Transport

 Iniciando o Transporte MSN de Jabber

 display manager

 Xestor de pantallas

 desfragmentar ou defragmentar 

 Desfragmentar. Tamén descodificar, etc.

 retry

 Volver tentalo

 monitoring

 Monitorización, monitorizando, etc.

 was mounted on /dev 

 Montouse en /dev

 recreate (fala dun ficheiro ou algo asi)

 Volver crear

 initializing

 Inicializando

 syncing 

 Sincronizando

 ISDN=RDSI ???

 Si

 bewan modem

 Módem Bewan (é unha marca)

 broadcast

 Unha vez traducino coma multidifusión, pero agora creo que é unha mala
idea, porque tamén hai multicast, así que mellor déixao así (enderezo
broadcast, etc).

 corrupted data

 Datos corrompidos

 media (creo que se refire a dispositivos de almacenamento, HD, disquetes, 
 CDs etc.) 

 Soporte, soportes.

 Poño esta cadea enteira porque non sei como traducila: 
 It exports the framebuffer of the X server to one or more clients using 
 strong\n \t compression and injects keyboard and mouse inputs from the 
 clients into\n \t the server. 

 Exporta a pantalla do servidor X a un ou máis clientes empregando
compresión forte e inxecta a entrada do teclado e do rato dos clientes no
servidor.

-- 

   Tarrío
(Compostela)
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: Mais dubidas______a proxima semana máis

2004-04-26 Conversa Alberto Garcia
Em Segunda 26/04/2004 às 17:03, Jacobo Tarrio dizia...

  stream capture viewer
  Visor de capturas de ... de... . ¿Como se traduciría
 stream? Regato non, dende logo :D

Fluxo :-)

Berto.
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno