Re: Molestan os correos de openoffice e Mozilla ?

2009-10-21 Conversa Adrián Chaves Fernández
Eu en certo modo agradezo ter novas ao respecto :)


Re: Molestan os correos de openoffice e Mozilla ?

2009-10-21 Conversa damufo

Boas:
A min non.

Antón Méixome escribiu:

[[Desde Mancomún]]

Pregúntame Javier Rial, eu tamén o fago, a vosa opinión sobre o envío
de correos relacionados coa coordinación, documentación e estado das
traducións de xa que non se facía antes pero que dada a situación de
confusión,  e inestabilidade que estamos padecendo estas últimas
semanas consideramos que era mellor pecar de máis que de menos para
que a información chegase con transparencia a todo o mundo. De feito é
seguro que varios dos membros de Trasno están a recibir estes correos
por varias vías.

O dito, se o sentir xeral é que estes correos molestan ou están fóra
de lugar, decídeo e entón só enviaremos os correos á lista de
coordinación propia en Mancomun (g...@mancomun.org) que era o método
que estaba a funcionar sen problemas.

Obviamente esperamos que sexa unha situación temporal.

Saúdos,

Antón Méixome




Re: Molestan os correos de openoffice e Mozilla ?

2009-10-21 Conversa Fran Diéguez
Molestar non molestan, pero Mancomún debería defender as súas roldas de
correo co seu uso.

Mancomún como entidade non pechou (e persoalmente non creo que peche)
polo que debería seguir co exercicio das súas actividades como viña
sendo ata o de agora.

Saúdos.

Antón Méixome escribiu:
> [[Desde Mancomún]]
> 
> Pregúntame Javier Rial, eu tamén o fago, a vosa opinión sobre o envío
> de correos relacionados coa coordinación, documentación e estado das
> traducións de xa que non se facía antes pero que dada a situación de
> confusión,  e inestabilidade que estamos padecendo estas últimas
> semanas consideramos que era mellor pecar de máis que de menos para
> que a información chegase con transparencia a todo o mundo. De feito é
> seguro que varios dos membros de Trasno están a recibir estes correos
> por varias vías.
> 
> O dito, se o sentir xeral é que estes correos molestan ou están fóra
> de lugar, decídeo e entón só enviaremos os correos á lista de
> coordinación propia en Mancomun (g...@mancomun.org) que era o método
> que estaba a funcionar sen problemas.
> 
> Obviamente esperamos que sexa unha situación temporal.
> 
> Saúdos,
> 
> Antón Méixome
> 
> 


-- 
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8