Ola! :) Gustaríame aclararvos a todos que o comentario o fixen a título
persoal, non pretendo representar a opinión xeral de Trasno (e moito menos
levando o pouco tempo que levo). A verdade e que levo unha temporada
percibindo certa reticencia (non digo que sexa inxustificada) con respecto
ás actuacións de administración, o que, unido a outras circunstancias (como
a falta dunha organización sólida do mundo do software ceive en Galiza;
asunto que GLUG pretende solucionar :) ) fai que se perdan esforzos. E non é
unha crítica a Trasno (pese a que o seu funcionamento non é todo o fluído
que sería desexable; básicamente pola falla de voluntarios), todo o
contrario. Nos anos que levo usando software ceive, nunca vin que ningún LUG
mencionara ou apoiara directamente este proxecto ao que todos (eu dende logo
sintoo así) lle debemos tanto. Vemos agora que estes LUG que en tanto tempo
eu non vin se alían coa administración e se olvidan de Trasno... e paréceme
lóxico que á xente que invertiu tempo e esforzo non lle sente ben.

Todo isto ven a conto de que creo necesario que nos replantexemos todos a
situación do software ceive, e das traduccións en particular, en Galicia, e
as relacións entre as distintas agrupacións. Se tivésemos cooperado dende un
principio, xa poderíamos ter un entorno GNU/Linux completamente en galego,
sen necesidade de que a administración duplique traballo xa feito (e gaste
os nosos impostos financiando proxectos ó meu ver sobrepresupostados),
obviando o traballo de todos aqueles de quen, volvo a repetir, me sinto moi
agradecido.

Un saúdo, e a traballar! :)
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a