Re: Proposta: friendly

2007-08-10 Conversa Félix Horro Pita
Pois si que é complicado... ocórreseme outra trapallada:

user friendly- axeitado para o usuario
family friendly- axeitado para toda a familia
printer friendly- axeitado para imprimir

friendly: que é axeitado?


A ver se alguén lle da un pouco máis de forma...

Saúdos.


mvillarino wrote:
 Olá,
 pois estou a darlle voltas á palabriña, e o caso é que a mellor opción que 
 teño por agora é unha trapallada. Recapitularei antes de que se me vaia a 
 pelota:
 
 Sendo:
 user friendly- fácil de usar; de manexo simples
 family friendly- para toda a familia
 printer friendly- versión para imprimir; formato para imprimir.
 {nota: consultadas en proz.com}
 friendly-amábel, simpático; acolledor; amistoso
 
 que tal se engado ao glosario:
 
 **friendly**
1.- [xeral] adx. simpático, -a
2.- [xeral] adx. acolledor, -a
**user ~** fácil de usar | de manexo simples
**printer ~** versión //ou// formato para imprimir.
 
 e como carallo lle podo dar un formato ± correcto (i.e. o user/printer ~ en 
 negriña, e o ou en itálica)?
 


Re: Proposta: friendly

2007-08-10 Conversa mvillarino
O Venres, 10 de Agosto de 2007 18:07, Félix Horro Pita escribiu:
[...]
 A ver se alguén lle da un pouco máis de forma...
[...]
  **friendly**
 1.- [xeral] adx. simpático, -a
 2.- [xeral] adx. acolledor, -a
 **user ~** fácil de usar | de manexo simples
 **printer ~** versión //ou// formato para imprimir.

É que as traducións collinnas de proz.com, que ven sendo un sitio para 
tradutores freelance, a trapallada non son as traducións en si, senón o 
formato que me queda no wiki: quero que as expresións compostas fiquen en 
negriña dentro da definición primaria, en negriña, e ao mesmo nível que as 
outras definicións, pero non se me subtitui o **texto** polo texto no formato 
indicado, senón que fica tal como está. Como se faría isto (nota: debera ir 
en html):
friendly
   1.-[xeral] adx. simpático
   2.-[xeral] adx. acolledor
   user ~: fácil de usar; de manexo simples
   printer ~: versión para imprimir; formato para imprimir

-- 
Best regards
MV
º ¸.·´¯`·... º ¸.·´¯`·...¸ º 
¸.·´¯`·...¸ º
Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE

pgp9okdaftA9c.pgp
Description: PGP signature


Re: Proposta: friendly

2007-08-10 Conversa Leandro Regueiro
Aproveito para indicar que por se viu moito amigable coma tradución
para friendly.

Ata logo,
Leandro Regueiro