Re: Proposta: slot

2007-08-08 Conversa mvillarino
O Martes, 7 de Agosto de 2007 21:30, Leandro Regueiro escribiu:
 Rañura é igual a fenda, laña e os que se che ocorran.

 No Battle for Wesnoth vin que te podes conectar a un slot nunha
 partida multixogador. Non comprendo a que se refire porque ainda non
 probei esa parte do xogo... igual posto, posición...

Algo así como, dada unha partida con N participantes, cos cais H son humanos e 
I intelixencias artificiais (I+H=N), I,H0, un slot é un I que pode ser 
convertido nun H.
Eu neste caso poría como tradución de slot- cadeira.

-- 
Best regards
MV
º ¸.·´¯`·... º ¸.·´¯`·...¸ º ¸.·´¯`·...¸ º
Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE


pgphvNiGRfWRA.pgp
Description: PGP signature


Re: Proposta: slot

2007-08-07 Conversa dmunhiz

Por min vale.

Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html


mvillarino escribiu:

Na actualidade, slot figura no glosario como:

slot 
 1. n.f. rañura

 2. n.m. oco

non aparece no de mancomún.

Acho que estas traducións son incompletas para un caso concreto: o mecanismo 
de sinais e slots de Qt. Este é un caso -xeralizado- dun certo padrón de 
deseño: http://en.wikipedia.org/wiki/Observer_pattern
En outras bibliotecas que implementan este padrón dun xeito serio para o seu 
uso en aplicacións, como boost.org, os observadores son 
denominados delegados.

Que tal engadir dúas novas opcións á entrada de slot:

3. n.m. (programación) slot
4. n.m (programación) observador, ouvinte, delegado.



Re: Proposta: slot

2007-08-07 Conversa Miguel
Rañura??. 

Ou ven de se rañar ou supoño que se refería ó castelá 'ranura'. En 
galego: 'fenda, fenderura, creba, físgoa, fisura, greta, quebra' ou 'regaña'


O Tuesday, 7 de August de 2007 14:50:13 mvillarino escribiu:
 Na actualidade, slot figura no glosario como:

 slot
  1. n.f. rañura
  2. n.m. oco

 non aparece no de mancomún.

 Acho que estas traducións son incompletas para un caso concreto: o
 mecanismo de sinais e slots de Qt. Este é un caso -xeralizado- dun certo
 padrón de deseño: http://en.wikipedia.org/wiki/Observer_pattern
 En outras bibliotecas que implementan este padrón dun xeito serio para o
 seu uso en aplicacións, como boost.org, os observadores son
 denominados delegados.
 Que tal engadir dúas novas opcións á entrada de slot:

 3. n.m. (programación) slot
 4. n.m (programación) observador, ouvinte, delegado.



Re: Proposta: slot

2007-08-07 Conversa Félix Horro Pita
Home, non che sei eu...

No padrón observador (según o GOF) os participantes son: Subject,
Observer, ConcreteSubject e ConcreteObserver. Ningún deles é slot, polo
que eu non traduciría slot como observador. É dicir, penso que o slot
xoga o rol de observador ao aplicar o padrón, pero slot non significa
observador.

Respecto ao de rañura... estou de acordo con Miguel, penso que fenda ou
fendedura pode ser unha boa tradución.

Saúdos.

mvillarino wrote:
 Na actualidade, slot figura no glosario como:
 
 slot 
  1. n.f. rañura
  2. n.m. oco
 
 non aparece no de mancomún.
 
 Acho que estas traducións son incompletas para un caso concreto: o mecanismo 
 de sinais e slots de Qt. Este é un caso -xeralizado- dun certo padrón de 
 deseño: http://en.wikipedia.org/wiki/Observer_pattern
 En outras bibliotecas que implementan este padrón dun xeito serio para o seu 
 uso en aplicacións, como boost.org, os observadores son 
 denominados delegados.
 Que tal engadir dúas novas opcións á entrada de slot:
 
 3. n.m. (programación) slot
 4. n.m (programación) observador, ouvinte, delegado.
 


Re: Proposta: slot

2007-08-07 Conversa mvillarino
O Martes, 7 de Agosto de 2007 16:23, Félix Horro Pita escribiu:
 É dicir, penso que o slot
 xoga o rol de observador ao aplicar o padrón, pero slot non significa
 observador.

mm, pois deixarei slot por slot logo onde se refira a cousas de 
programación.
Cando se refire a un espazo físico destinado a conectar algo, como unha 
tarxeta de memoria de cámara ou unha placa, usarei rañura, que acabo de mirar 
no xerais da língüa de hai un porrón de anos, e aparece como sinónimo de 
fenda :-P
Menos mal que aínda non puxera isto á fila de temas pendentes ;-)

-- 
Best regards
MV
º ¸.·´¯`·... º ¸.·´¯`·...¸ º ¸.·´¯`·...¸ º
Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE


pgpJvkvR0rdrW.pgp
Description: PGP signature


Re: Proposta: slot

2007-08-07 Conversa Miguel
O Tuesday, 7 de August de 2007 17:57:05 mvillarino escribiu:
 O Martes, 7 de Agosto de 2007 16:06, Miguel escribiu:
  Rañura??.
 
  Ou ven de se rañar ou supoño que se refería ó castelá 'ranura'. En
  galego: 'fenda, fenderura, creba, físgoa, fisura, greta, quebra' ou
  'regaña'

 http://www.realacademiagalega.org/volga/index.jsp?entrada=ra%F1uracategori
a=oculto=envia

 Até onde eu sei, as rañuras non están asociada a rachar, ao contrario que
 fenda, creba, etc.

Sigo sen entender cal é a raíz da que provén ou que deriva de 'rañura'.  
Sinónimo perfecto de fenda? Se fora un cultismo porqué leva un son 'ñ'?. En 
calquera caso este é un debate lingüsitico: escollede calquera das válidas 
nas normativas e vía.


Re: Proposta: slot

2007-08-07 Conversa Leandro Regueiro
Rañura é igual a fenda, laña e os que se che ocorran.

No Battle for Wesnoth vin que te podes conectar a un slot nunha
partida multixogador. Non comprendo a que se refire porque ainda non
probei esa parte do xogo... igual posto, posición...

Ata logo,
 Leandro Regueiro

On 8/7/07, Miguel bandu...@gmail.com wrote:
 O Tuesday, 7 de August de 2007 17:57:05 mvillarino escribiu:
  O Martes, 7 de Agosto de 2007 16:06, Miguel escribiu:
   Rañura??.
  
   Ou ven de se rañar ou supoño que se refería ó castelá 'ranura'. En
   galego: 'fenda, fenderura, creba, físgoa, fisura, greta, quebra' ou
   'regaña'
 
  http://www.realacademiagalega.org/volga/index.jsp?entrada=ra%F1uracategori
 a=oculto=envia
 
  Até onde eu sei, as rañuras non están asociada a rachar, ao contrario que
  fenda, creba, etc.

 Sigo sen entender cal é a raíz da que provén ou que deriva de 'rañura'.
 Sinónimo perfecto de fenda? Se fora un cultismo porqué leva un son 'ñ'?. En
 calquera caso este é un debate lingüsitico: escollede calquera das válidas
 nas normativas e vía.


 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.