Re: Proxectos informaticos-CCNL-Vigo

2000-09-19 Conversa Jesus Bravo Alvarez
* GNU/LINUX

Esta proposta non se trata, como antes, de promover novos grupos de
traballo.

Vale, é que a explicación que diches non era moi aclarativa. ;)

Tratase de que dende o Concello se FINANCIE a traducción. ¿Ós
grupos que xa existen, lles viria mal que puderan contratar xente que se
adicara en exclusiva ós seus proxectos,

O proxecto Trasno non é ningún tipo de asociación con soporte
legal, polo que isto simplemente non é viable.  E, polo que eu sei
(incluíndo a miña opinión), ninguén ten a intención de mudar esa situación.

ou que lles financiaran dalgún xeito o seu traballo,

Isto ven ser algo parecido ó anterior... A única financiación
posible (tendo en conta as poucas necesidades físicas que temos) sería
unicamente para as persoas.  E dos que estamos en Trasno, AOCSE, non
habería ningún que quixese traballar por diñeiro (podes ler isto na páxina
de información de Trasno, pregunta 1.7).  É unha filosofía linuxeira, non
outra cousa. ;)))

para que este se rematara totalmente canto antes?

Só un pequeno detalle... a traducción de programas en constante
desenvolvemento é algo que non rematará nunca. ;)

E co linux e as suas aplicacións xa traducidas, que o concello
abandonara o windows dunha vez. E o mesmo que co proxecto do certame,
todo ese traballo (doutras persoas), ofrecerllo masivamente á cidadanía.

O de substituír windows por software libre é algo naturalmente
desexable, pero é un asunto independente.  En canto á viabilidade, é algo
que hai que estudiar á parte.  Temas como o de crear ou non unha
distribución... ben, eu teño a miña opinión persoal, pero non é cousa miña, 
xa que iso precisa unha análise máis profunda.

-- 
 _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe


Re: Proxectos informaticos-CCNL-Vigo

2000-09-19 Conversa Roberto Suarez Soto
El día 19/Sep/2000, Jesus Bravo Alvarez escribía:

   Só un pequeno detalle... a traducción de programas en constante
 desenvolvemento é algo que non rematará nunca. ;)

E aparte, eu non quero que ninguén me diga cando teño que rematar unha
traducción. Fagoo porque me gusta, e si alguen me dixera iso xa non me
gustaría :-)

   O de substituír windows por software libre é algo naturalmente
 desexable, pero é un asunto independente.  En canto á viabilidade, é algo

... e nada sinxelo :-)

 que hai que estudiar á parte.  Temas como o de crear ou non unha
 distribución... ben, eu teño a miña opinión persoal, pero non é cousa miña, 
 xa que iso precisa unha análise máis profunda.

Idem.

-- 
 Roberto Suarez Soto ·   Help me ...
   ask...@gpul.org   ·   Heal me ...
  Corgo/Lugo/Galicia/Spain   ·   Kill me ...

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe