O Tuesday 06 January 2009 00:39:31 escribiu:
> Vexo que estás a corrixir os pesquisas en procuras. Penso que no normativo,
> o que en reintegrado é pesquisa pasa a pescuda. Non é o mesmo procurar
> (facer por atopar algo ou alguén) que pesquisar (facer unha investigacion
> para coñecer algo)

certo, dependendo do contexto poida que o cambio que fixen non fora correcto. 
Efectivamente o corrector non daba como válida *pesquisa  mais o cambio sería:

*pesquisa > pescuda (de pescudar = 1 v t  Facer preguntas e investigacións 
para descubrir algunha cousa. Tm abs. 2 v t Intentar saber o que outras 
persoas fan ou din.  SIN:    indagar, investigar, fisgar.)
*búsqueda > busca, procura (segundo 'As Normas', ed. cumio, 2003)

na próixima entrega que che faga, se é nestes dous días próximos, estará 
subsanado.

Calquera outra cousa, informa. Puiden introducir máis regresións. 

Responderlle a