2010/5/30  <certima en certima.net>:
>
> 2010/5/30 Adrián Chaves Fernández <adriyetichaves en gmail.com>
>>
>> > Unha última nota por hoxe,
>> >
>> > A hipotética adopción da responsabilidade sobre o hunspell por parte de
>> > Trasno é un asunto serio. Como mínimo debería garantirse a súa
>> > fiabilidade.
>> >
>> > Sería conveniente que tanto o hunspell propiamente como a extensión
>> > tivesen
>> > exactamente as mesmas regras.
>> >
>> >
>> > http://extensions.services.openoffice.org/project/Extension_Corrector_galeg
>> > o_OOo
>> >
>> > A competencias en coñecementos informáticos neste caso deben ser
>> > puramente
>> > instrumentais.
>>
>> Deixando de lado que non acabo de pillar o significado da mensaxe
>> completamente, a ligazón leva a ningures. :S
>>
>
> Curioso, xuraría que a ligazón era correcta; como se desaparecese de golpe.

Aínda antonte funcionaba. Descarguei eu dalí a extensión para poñerlla
á miña nai no seu ordenador (cheguei a ela dende a wiki de mancomun, e
hai nada probei e xa non vai)...


> En fin, do que falaba é que hai unha extensión, producida no seu momento
> desde Mancomún, que instala o corrector de galego e que ten obviamente os
> mesmos ficheiros de regras e dicionario que o hunspell.
> De actualizar estes últiimos convén coordinalo cos da extensión, por tanto,
> con Mancomún.
>
> A extensión é útil para os que teñan o OOo.org en español, poñamos por 
> caso,
> pero queiran corrixir un texto en galego.
> Ademais, como coordinador de OpenOffice.org en galego, estas cuestións son
> do meu interese porque o hunspell xa se incorpora directamente nas novas
> versións e obviamente son un tema clave de calidade lingüística para a
> versión galega.
>
>
>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto en trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto en trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>



-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es

Responderlle a