Re: Servidor de DICT

2010-03-09 Conversa Leandro Regueiro
2010/3/9 Fran Diéguez lis...@mabishu.com:
 Como a infraestrutura informática xeral de trasno está fase de asentamento
 aproveito para facer unha suxestión para que todos a avaliemos.

 Coido que todos en Trasno coñecerán o que é un servidor de DICT, maís unha
 pequena descrición sería un sistema en liña que emprega o protocolo dict
 (http://www.dict.org/rfc2229.txt) e que serve para acceder a definicións de
 dicionario dende un conxunto de bases de datos de dicionarios de linguaxe
 natural.

 Teño que investigar máis sobre o protocolo (servidores dispoñíbeis,
 posibilidade de implementalo mediante unha linguaxe de scripting,
 viabilidade, ... ) e o máis importante a dispoñibilidade de bases de datos
 en galego.

 Moito me temo que non haxa ningún dict do galego, polo que nese sentido
 sería un proxecto moi interesante para encontrar algunha sinerxia con
 persoas ou grupos que teñan interese en liberar contidos.

Estás falando de construír un dicionario colaborativo ca posibilidade
de consulta mediante ese protocolo?


Re: Servidor de DICT

2010-03-09 Conversa Adrián Chaves Fernández
 Como a infraestrutura informática xeral de trasno está fase de
 asentamento aproveito para facer unha suxestión para que todos a avaliemos.
 
 Coido que todos en Trasno coñecerán o que é un servidor de DICT, maís
 unha pequena descrición sería un sistema en liña que emprega o protocolo
 dict (http://www.dict.org/rfc2229.txt) e que serve para acceder a
 definicións de dicionario dende un conxunto de bases de datos de
 dicionarios de linguaxe natural.
 
 Teño que investigar máis sobre o protocolo (servidores dispoñíbeis,
 posibilidade de implementalo mediante unha linguaxe de scripting,
 viabilidade, ... ) e o máis importante a dispoñibilidade de bases de
 datos en galego.
 
 Moito me temo que non haxa ningún dict do galego, polo que nese sentido
 sería un proxecto moi interesante para encontrar algunha sinerxia con
 persoas ou grupos que teñan interese en liberar contidos.
 
 Saúdos

O protocolo adáptase a dicionarios en liña, ou os dicionarios ao protocolo? 
Porque se se puidesen aproveitar os (polo de agora básicos) recursos do 
wiktionary en galego, estaría bastante ben.