Actualizo,

Temos sitio reservado n'O Ensache de 10:30 a 13:30 e de 17:30 a 20:30 para
este sábado 16
--> http://www.santiagosociocultural.org/centros/centro.php?id=9

A intención miña é que:

- a sesión da mañá a adiquemos a actualizarnos os que andamos directamente
na localización (e a asemblea da asociación)
- a sesión da tarde a adiquemos a recibir á nova xente que se achegue e
explicarlles a localización, ensinar ferramentas CAT ou servizos web e
similar.

Dúbidas e demais, ide contando :)


2013/11/5 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>

> Ola!
>
> Como vimos facendo estes anos, toca outra volta das trasnadas:
>
> - Data: este vindeiro *16 de novembro: de 10:30 a 20:30*
> - Lugar: *'O Ensanche', Santiago de Compostela*
>
> A intención é xuntarnos e poñer sobre da mesa debates que temos na lista
> de correo, e rirnos un pouco na sobremesa ;) #suxerencias?
>
> Quen queira pode asistir o evento: totalmente aberto. Se me avisades con
> tempo, mírovos de reservar suficiente espazo para o xantar.
>
> Agradécese a difusión, chío a chío e similares.
>
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a