Re: rematamos?

2000-04-18 Conversa Santiago Garcia Mantinan
Eu estou de acordo con todo o que dis.

 e ter os recursos onde o GPUL finalmente, non?

Dicídenos que é exactamente o que se necesita para i-lo creando, ainda que
agora co da semana santa, e tamén como alguns imos a Madrid á Linux expo...
pois igual vai un chisco lenta a cousa ;-)

Saudos!
-- 
Manty/BestiaTester - http://manty.i.am


Re: rematamos? e outras

2000-04-16 Conversa Jesus Bravo Alvarez
Wed, Apr 12, 2000 at 08:48:54AM +0200, Camilo Regueiro escribiu:

- O tema de galego21: Galego21 non ten subproxectos, senon proxectos, e
entrariades en igualdade de condicións que calquera outro. Galego21 pretende
ser eso, un lugar de encontro onde se agrupan proxectos a prol da lingua, e
de feito cada proxecto ten a súa total autonomia. Galego21 serve no posible
para compartir recursos cando se precisen, e sen dúbida o LeGal estará en
Galego21 como un proxecto independente, e coa súa autonomia :)), eu dende

Vale, eu pensei que non... É que os coordinadores deses proxectos
aparecen como membros de galego21, coa súa dirección dese dominio (e
imaxino que serán da asociación)

concretar imos poñer o LeGal na lista de proxectos que agora temos xa en
Galego21, o servidor, dominio, listas, etc.. son autonomas e autoxestionadas
polo LeGal, e no posible cada vez que haxa unha novedade, accederedes aos
formularios que ten Galego21 para que aparezan na sección de 'noticias'. Que
vos parece??, algunha puntualización?, algo co que non estedes de acordo?.

Se ninguén quere engadir algún matiz...

- O Mozilla: Agora estou co tema, estudiando as ferramentas de traducción
que proporciona o propio Mozilla, a saber... o MozexpTool serve para
exportar os recursos en formato mais 'amigable' para repartir entre os
traductores, e tamén serve para facer 'leveragings', ou sexa, para
aproveitar as traduccións de versións anteriores e implementalas nas novas,

¿Sabes se esa é a ferramenta estándar que van utilizar en Mozilla
para facer o leverage? ¿Ou teñen/van facer outra multiplataforma?

asi se traducen só os recursos novos, esta feita en C++ (con interface de
Visual 6). Existe outra ferramenta chamada 'Moztraslator', que está feita en
Java (e que serve para calquera plataforma) e que implementa unha interface
de tal maneira que atrapa os recursos do Mozilla e os presenta nunha
pantalla en formato Browse de Base de Datos onde se implementan as
traduccións, e ten unhas utilidades para 'salvar, recuperar, implementar
traduccións, exportar, importar, etc..).

Aínda que din que que está en desenvolvemento, semella que a
utilizan na maioría das traduccións.  As catro que teño eu (it, ja, pt,
sv), están feitas con ese programa.

Se o baixaches e probaches, ¿sabes se tamén pode facer o leverage?

É que a min iso de utilizar editores estraños... Eu prefiro usar
editor de texto+convertidor a UTF-8. :-)))

-Por medio de Perl e/ou PHP e/ou ASP crear unhas páxinas dinámicas onde
se accedera por medio dunha clave dada aos que quixeran colaborar na
traducción/revision do Mozilla, e que servirian para facer traduccións en
liña, de tal xeito que se alguen ten 30 minutos accedera ás páxinas e fixera
as traduccións que poidera.

Esto ten o inconvinte de que se ten que estar conectado. Pero a
flexibilidade é total, non se dependeria de plataformas de traballo dos
traductores, nin de distribuccións de software moi extensas. Claro que non
estaria mal ter ferramentas de traducción para que a xente as baixara e
traballara con elas, pero

Uf, non sei, isto leva traballo...

Bueno, pois estou con esto. No LeGal vos poderiades ocupar de analizar
as pequenas diferencias para pasar dende a traducción xeral á plataforma de
Linux, que estan disponibles na seguinte páxina:

Só hai un par de ficheiriños cunha ducia de mensaxes distintos para
a plataforma Unix, non hai problema nese aspecto.

-- 
 _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras


Re: rematamos? e outras

2000-04-14 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
Camilo Regueiro wrote:
 
 A ver logo, varias cousas:
 
 - O tema de galego21: Galego21 non ten subproxectos, senon proxectos, e
 entrariades en igualdade de condicións que calquera outro. Galego21 pretende
  [...]
 formularios que ten Galego21 para que aparezan na sección de 'noticias'. Que
 vos parece??, algunha puntualización?, algo co que non estedes de acordo?.

por min perfecto :))



aburinho!!


Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) cre...@cfutura.com