Boas, Coido que vos resultará interesante iste correo, como membros que sodes da lista de localización de Debian ao galego.
O seu remitente ven de estrearse como coordenador do Translation Project [1] montando un flame en Trasno a conta nosa. Vese que o paso dos anos non impide que siga habendo recén chegados que entran nunha lista montando un flame, pretendendo sentar cátedra sobre cuestións que descoñecen e xa de paso insultando á xente coa que van ter que traballar. En fin. Haberá que ter paciencia e aclararlle ao novo compañeiro o asunto; e como a fin de contas fun eu quen tomou a iniciativa de crear esta lista, non vou ter máis remedio que facelo eu. O que teño claro é que non me vou dar presa en recitarlle o xénese por que ando liado co g11n [2] así que, se mentras tanto a alguén se lle ocurre algunha solución xenérica para os recén chegados do futuro, pois agradecerase. Tempo que aforraremos. Hai unha cousa positiva iso sí: que o TP parece que se está relanzando e que temos a oportunidade de evitar que volva morrer de inanición outra vez. Saúdos, [1] http://translationproject.org/ [2] http://wiki.mancomun.org/index.php/G11n ----- Forwarded message from "Francisco J. Tsao Santin" <t...@members.fsf.org> ----- From: "Francisco J. Tsao Santin" <t...@members.fsf.org> To: mvillarino <mvillar...@gmail.com> Cc: s...@riseup.net, proxecto@trasno.net Subject: Re: [meta]Re: translation project List-Post: proxecto@trasno.net Date: Wed, 23 Apr 2008 23:18:42 +0200 User-Agent: Mutt/1.5.17+20080114 (2008-01-14) On Wed, Apr 23, 2008 at 09:46:23PM +0200, mvillarino wrote: > Olá, > > Eu véxoo como unha posta en común que ten por obxectivo mellorar a > > xestión dos procesos comunicacionais (e por tanto decisionais) en torno > > a un proxecto colaborativo. E, en tanto que isas dinámicas son similares > > noutros proxectos de localización, as solucións que atoparamos poderían > > resultar útiles tamén nos outros casos. > > > >[...] > > Debe ser a hora, e que acabo de terminar a sesión de tradución de > hoxe, pero sigo sen entender de que estades a falar na outra galla !!! Creo que para Suso a deformación profesional estalle a distorsionar un pouquiño a comunicación. Para os que non se enteraran, conto en breves palabras o que pasou fai un ano coa traducción de Debian, que parece similar ó que pasou co TP: 1)A alguén se lle ocurre que é unha boa idea montar unha lista para traducir Debian, dentro do propio proxecto 2)Se consigue facer esa lista 3)Durante algunhas semanas a xente vai entrando, se fala sobre ferramentas para traducir... 4)Entón a xente pregunta quen está facendo tradución de Debian, e sae un nome, o de Jacobo Tarrío, un dos fundadores do GPUL e de Trasno, e Debian Developer 5)A seguinte pregunta é por que Jacobo non entra na lista de traducción, e hai un forward dun correo explicando que el está a traballar no instalador, creo, e que non quere compartir o traballo con ninguén. Que non ten problema en deixar o traballo para que os demáis o fagan, pero que, onde el esté, el traballará so. 6)A continuación se monta un surrealista flame no que se pon a parir á única persoa que está a facer algo (e algo importante, por certo) pola traducción de Debian ó galego 7)Cando a xente se aburre... non hai mais que ve-las estadísticas: uns 60 apuntados na lista, e desde abril do ano pasado, creo, non hai mais que mensaxes de spam e un recente de Suso falando de facer unha xuntanza. Esto é máis ou menos o que pasou con Debian, quen quera detalles está o histórico da lista. A miña conclusión: que hai xente á que lle gusta moito falar de cousas, e bastante menos con ganas de facelas realmente. Moito xeneral e moi pouco soldado. Non estamos no colexio. Así que, con todo o que hai que facer, menos chorar e máis traducir. -- Francisco J. Tsao Santín http://tsao.enelparaiso.org 1024D/71CF4D62 42 F1 53 35 EF 98 98 8A FC 6C 56 B3 4C A7 7D FB ----- End forwarded message -----