Boas, 

Coido que vos resultará interesante iste correo, como membros que sodes
da lista de localización de Debian ao galego.

O seu remitente ven de estrearse como coordenador do Translation Project
[1] montando un flame en Trasno a conta nosa. Vese que o paso dos anos
non impide que siga habendo recén chegados que entran nunha lista montando
un flame, pretendendo sentar cátedra sobre cuestións que descoñecen e xa
de paso insultando á xente coa que van ter que traballar.

En fin. Haberá que ter paciencia e aclararlle ao novo compañeiro o asunto;
e como a fin de contas fun eu quen tomou a iniciativa de crear esta lista,
non vou ter máis remedio que facelo eu. O que teño claro é que non me vou
dar presa en recitarlle o xénese por que ando liado co g11n [2] así que, se
mentras tanto a alguén se lle ocurre algunha solución xenérica para os
recén chegados do futuro, pois agradecerase. Tempo que aforraremos.

Hai unha cousa positiva iso sí: que o TP parece que se está relanzando e
que temos a oportunidade de evitar que volva morrer de inanición outra
vez. 

Saúdos,

[1] http://translationproject.org/
[2] http://wiki.mancomun.org/index.php/G11n

----- Forwarded message from "Francisco J. Tsao Santin" <t...@members.fsf.org> 
-----

From: "Francisco J. Tsao Santin" <t...@members.fsf.org>
To: mvillarino <mvillar...@gmail.com>
Cc: s...@riseup.net, proxecto@trasno.net
Subject: Re: [meta]Re: translation project
List-Post: proxecto@trasno.net
Date: Wed, 23 Apr 2008 23:18:42 +0200
User-Agent: Mutt/1.5.17+20080114 (2008-01-14)

On Wed, Apr 23, 2008 at 09:46:23PM +0200, mvillarino wrote:
> Olá,
> > Eu véxoo como unha posta en común que ten por obxectivo mellorar a
> > xestión dos procesos comunicacionais (e por tanto decisionais) en torno
> > a un proxecto colaborativo. E, en tanto que isas dinámicas son similares
> > noutros proxectos de localización, as solucións que atoparamos poderían
> > resultar útiles tamén nos outros casos.
> >
> >[...]
> 
> Debe ser a hora, e que acabo de terminar a sesión de tradución de
> hoxe, pero sigo sen entender de que estades a falar na outra galla !!!

Creo que para Suso a deformación profesional estalle a distorsionar un 
pouquiño a comunicación.

Para os que non se enteraran, conto en breves palabras o que pasou fai 
un ano coa traducción de Debian, que parece similar ó que pasou co TP:

1)A alguén se lle ocurre que é unha boa idea montar unha lista para 
traducir Debian, dentro do propio proxecto
2)Se consigue facer esa lista
3)Durante algunhas semanas a xente vai entrando, se fala sobre 
ferramentas para traducir...
4)Entón a xente pregunta quen está facendo tradución de Debian, e sae un 
nome, o de Jacobo Tarrío, un dos fundadores do GPUL e de Trasno, e 
Debian Developer
5)A seguinte pregunta é por que Jacobo non entra na lista de traducción, 
e hai un forward dun correo explicando que el está a traballar no 
instalador, creo, e que non quere compartir o traballo con ninguén. Que 
non ten problema en deixar o traballo para que os demáis o fagan, pero 
que, onde el esté, el traballará so.
6)A continuación se monta un surrealista flame no que se pon a parir á 
única persoa que está a facer algo (e algo importante, por certo) pola 
traducción de Debian ó galego
7)Cando a xente se aburre... non hai mais que ve-las estadísticas: uns 
60 apuntados na lista, e desde abril do ano pasado, creo, non hai mais 
que mensaxes de spam e un recente de Suso falando de facer unha 
xuntanza.

Esto é máis ou menos o que pasou con Debian, quen quera detalles está o 
histórico da lista.

A miña conclusión: que hai xente á que lle gusta moito falar de cousas, 
e bastante menos con ganas de facelas realmente. Moito xeneral e moi 
pouco soldado. 

Non estamos no colexio. Así que, con todo o que hai que facer, menos 
chorar e máis traducir.


-- 
Francisco J. Tsao Santín
http://tsao.enelparaiso.org
1024D/71CF4D62  42 F1 53 35 EF 98 98 8A FC 6C 56 B3 4C A7 7D FB

----- End forwarded message -----

Responderlle a