Sintel

2010-10-03 Conversa Anxo Outeiral Vidal
Sintel http://www.sintel.org/ é un corto de animación feito con software
libre, que se publicou fai 2 días.

Acabo de facer a tradución dos subtítulos ao galego. Alguén xa o fixo?
Preguntoo para que non haxa problemas ;)

Estiven falando co coordinador das traducións, e díxome que para cada
idioma, era mellor que houbese 2 traductores; entón, vou adxuntar os
ficheiros, e xa logo vós me comentades erros, modificacións, expresións,
etcxa que vós controlades máis ca min ;)

As dúdidas que as teño nas expresións:

   - Hey - Sen H? con i?
   - Come On! - traducido como veña!





-- 
http://trasno.net/
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
http://www.jabberes.org/
aovi...@jabberes.org

Un saúdo!


sintel_en.srt
Description: Binary data


sintel_gl.srt
Description: Binary data
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Sintel

2010-10-03 Conversa Adrián Chaves Fernández
Comentarios pola miña parte:

coitela
Coido que «folla» podería ser máis axeitado.

Hey
«Quieto» podería quedarlle ben no contexto.

A verdade é que en principio non se me ocorre máis que comentar. Quizais 
estaría ben traducir tamén os créditos iniciais e finais.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto