Re: Sobre o ispell - por alusions

2005-01-31 Conversa Berto
Em Segunda 31/01/2005 às 14:16, Ramom Flores d'as Seixas dizia...

  [Dicionário em normativa xunteira]
> > > Tamén se alguén ten interese  podo explicar as razóns polas cais
> > > non se pode elaborar un dicionário decente.
> > Conta, conta... :-?
> Quen teña interese pode xa le-las na seguinte páxina:

Que boa :) Nunca pensara nisso.

Berto.
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: Sobre o ispell - por alusions

2005-01-31 Conversa Ramom Flores d'as Seixas
Em Quinta 20 Janeiro 2005 15:16, Berto escreveu:
> Em Quinta 20/01/2005 às 14:20, Ramom Flores d'as Seixas dizia...
>
> > Tamén se alguén ten interese podo explicar as razóns polas cais non
> > se pode elaborar un dicionário decente.
>
> Conta, conta... :-?

Como  a resposta estaba resultando longa de mais, e como cada certo tempo 
recebo algunha pergunta similar, decidin expor as razóns no site do 
dicionário. Quen teña interese pode xa le-las na seguinte páxina:

Dicionário galego en normativa ILG-RAG para correctores ortográficos libres
http://ispell-gl.sourceforge.net/dicionario-ILG-RAG.html

Un saudo
Ramom
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: Sobre o ispell - por alusions

2005-01-20 Conversa Berto
Em Quinta 20/01/2005 às 14:20, Ramom Flores d'as Seixas dizia...

> Tamén se alguén ten interese podo explicar as razóns polas cais non 
> se pode elaborar un dicionário decente. 

Conta, conta... :-?

Berto.
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Sobre o ispell - por alusions

2005-01-20 Conversa Ramom Flores d'as Seixas
Ola:

  Nalgunhas mensaxes recentes falou-se do dicionário galego para o ispell, e 
polo que vexo existen algunhas dúvidas sobre o seu estado. Asi que vou tratar 
de as esclarecer.

1)  Actualmente existe un dicionário para Ispell en normativa de mínimos. 
Derivado deste existen outros dicionários para Aspell, Myspell, Scalibur e 
Edit Boxes. O Myspell é o corrector ortográfico que usan o mozilla (e 
derivados) e o Openoffice.

2) Que eu saiba non existe dicionário para Ispell/Aspell/Myspell na normativa 
ILG-RAG. Sei que houbo várias tentativas, eu mesmo tentei-no, mais sen éxito.

3) Na miña opinión non é posíbel elaborar un dicionário decente para 
Ispell/Aspell/Myspell na normativa ILG-RAG. Cumpriria modificar axeitadamente 
o código de calquer deses correctores. Há cousa dun par de meses falei disto 
con un rapaz, explicando-lhe os problemas técnicos dos programas actuais. E 
cando o deixei ia considerar a posibilidade de modificar o código do Myspell, 
mais non sei nada del. Se alguén ten interese en axudá-lo, podo por-me en 
contacto con el.

Tamén se alguén ten interese podo explicar as razóns polas cais non se pode 
elaborar un dicionário decente. 

Un saudo
Ramon
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno