Re: Traducción ao galego de Mozilla 1.4 RC2
Tes talento, vas pasar á historia coma o primer informático-literato ;)) O Viernes, 20 de Junio de 2003 21:12, Jacobo Tarrio escribiu: Costumismo galego en tres actos e epílogo. -- ¿Oiches, Pepe?... -- ¿Que pasa, Manuel? -- Que xa saíu a traducción ao galego de Mozilla 1.4 RC2. -- ¡Arre demo! Ainda che apurou ben a facela. -- Se é que dende RC1 houbo poucos cambios. -- ¿E onde se pode baixar? -- En http://trasno.net/mozilla/ está, se a rede da universidade da Coruña non falla. -- Ho, pois non che sei eu, ¿eh? Eu vou baixalo o antes que poida. -- Ah, ¿pero ti tés Internet dese? -- Si, truquei o TRAC cunha pouca bosta da Marela, e... -- Iso, iso, merda para a Telefónica. Corenta e oito horas máis tarde... -- Que, ¿como vai, Pepe? -- Xa acaba mesmo de rematar. -- Si que vai rápido Internet hoxe... este mes, digo. -- É que a Marela dá moi boa bosta. -- Vale, vale, ¿e como se instala? -- Pois mira, arrinco o Mozilla identificado co usuario co que o instalei, e como xa estaba a usa-la traducción, cambio ao inglés, indo a Edit, Preferences, Appearance, Languages. Despois vou a http://trasno.net/mozilla/ e premo na ligazón correspondente á versión de Mozilla que teño instalada. -- Ei, que che di que instalar software pode ser perigoso. -- Nada, nada, non hai problema ningún. Doulle a Aceptar, e agardo a que remate. Despois pecho o Mozilla e volvo entrar, pero esta vez co meu usuario habitual. -- ¿E se fora o mesmo usuario? -- Tería que saír e volver entrar o mesmo. Ah, vou ao Edit, Preferences, Appearance, Languages, e aí ves, Galego. Selecciónoo, doulle a Aceptar e volvo saír do Mozilla. -- ¿Saír outra vez? -- Si. Isto hai que reinicialo case máis veces có Windows. Ben, agora arrinco... e xa está. En galego, como ten que ser. -- Ai, que bonito. Ata me dan ganas de lle mandar algo ao traductor, e todo. -- Nada, non lle mandes nada, que é parvo e traballa gratis, ese Jacobo. pgp35sJDcHx02.pgp Description: signature
Re: Traducción ao galego de Mozilla 1.4 RC2
O Viernes, 20 de Junio de 2003 21:12, Jacobo Tarrio escribiu: Costumismo galego en tres actos e epílogo. -- ¿Oiches, Pepe?... -- ¿Que pasa, Manuel? -- Que xa saíu a traducción ao galego de Mozilla 1.4 RC2. Boas novas, si señor. -- Ho, pois non che sei eu, ¿eh? Eu vou baixalo o antes que poida. -- Ah, ¿pero ti tés Internet dese? -- Si, truquei o TRAC cunha pouca bosta da Marela, e... Ese phreaking debe ser delito (ecoloxico). -- Iso, iso, merda para a Telefónica. Corenta e oito horas máis tarde... Moi optimistas me parecen esas 24h. E da pasta que lle debe estar costando ó individuo este non che digo nada. -- Ai, que bonito. Ata me dan ganas de lle mandar algo ao traductor, e todo. -- Nada, non lle mandes nada, que é parvo e traballa gratis, ese Jacobo. Vaia, ¿e agora que fago co pata negra?. ¡Maldita sexa!. Vouno ter que papar eu facendo un esforzo. Veña, un saudo. -- () \\ Fco. Xosé Vázquez Grandal ^ (o_ \\ mailto:fxvazq...@arrakis.es | /)\c{} \\ http://www.arrakis.es/~fxvazquez/ `-V__)_ \\ http://www.trasno.net -- Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es poñendo unsubscribe na mensaxe
Traducción ao galego de Mozilla 1.4 RC2
Costumismo galego en tres actos e epílogo. -- ¿Oiches, Pepe?... -- ¿Que pasa, Manuel? -- Que xa saíu a traducción ao galego de Mozilla 1.4 RC2. -- ¡Arre demo! Ainda che apurou ben a facela. -- Se é que dende RC1 houbo poucos cambios. -- ¿E onde se pode baixar? -- En http://trasno.net/mozilla/ está, se a rede da universidade da Coruña non falla. -- Ho, pois non che sei eu, ¿eh? Eu vou baixalo o antes que poida. -- Ah, ¿pero ti tés Internet dese? -- Si, truquei o TRAC cunha pouca bosta da Marela, e... -- Iso, iso, merda para a Telefónica. Corenta e oito horas máis tarde... -- Que, ¿como vai, Pepe? -- Xa acaba mesmo de rematar. -- Si que vai rápido Internet hoxe... este mes, digo. -- É que a Marela dá moi boa bosta. -- Vale, vale, ¿e como se instala? -- Pois mira, arrinco o Mozilla identificado co usuario co que o instalei, e como xa estaba a usa-la traducción, cambio ao inglés, indo a Edit, Preferences, Appearance, Languages. Despois vou a http://trasno.net/mozilla/ e premo na ligazón correspondente á versión de Mozilla que teño instalada. -- Ei, que che di que instalar software pode ser perigoso. -- Nada, nada, non hai problema ningún. Doulle a Aceptar, e agardo a que remate. Despois pecho o Mozilla e volvo entrar, pero esta vez co meu usuario habitual. -- ¿E se fora o mesmo usuario? -- Tería que saír e volver entrar o mesmo. Ah, vou ao Edit, Preferences, Appearance, Languages, e aí ves, Galego. Selecciónoo, doulle a Aceptar e volvo saír do Mozilla. -- ¿Saír outra vez? -- Si. Isto hai que reinicialo case máis veces có Windows. Ben, agora arrinco... e xa está. En galego, como ten que ser. -- Ai, que bonito. Ata me dan ganas de lle mandar algo ao traductor, e todo. -- Nada, non lle mandes nada, que é parvo e traballa gratis, ese Jacobo. -- Tarrío (Compostela) -- Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es poñendo unsubscribe na mensaxe