[KDE] Varias cousas

2008-07-24 Conversa mvillarino
Olá,
como ando curto de tempo, serei algo máis telegráfico do normal:

1.- Temos KDE4.1. Isto significa que agora trunk/l10n-kde4 é para 4.2
e branches/stable/l10n-kde4 para 4.1, tédeo en conta para o traballo
que fagades de agora en diante. Se non se explicita, entendo que os
ficheiros que enviades através de min son de trunk.

2.- Agora mesmo está o proceso a anovar as estatísticas.
Consultainas, e flipai.

3.- Ollo coa configuración que poñedes da lista de correo e idioma. En
moitos casos está ou o nome do idioma, ou o enderezo, ou ambos os dous
errados.

4.- Convén ir completando módulos, en concreto koffice (van pola beta
9) e kdepim. Kdeedu levará máis tempo, a ver se lle imos dando
despois.

5.- Non está de máis que vaiades tonteando coa documentación. Temos
entre un 8 e un 15 % feito, pero faltan uns detalles infraestruturais
para poder estar listos para tirar para diante, aínda así, tendo en
conta as peculiaridades [1] da tradución de docbooks mediante
ficheiros po, por favor, ide dándolle unha ollada.

[1]Para acabarlle coa paciencia a un santo.

Que vaia ben,

Re: [KDE] Varias cousas

2008-07-24 Conversa Leandro Regueiro
 2.- Agora mesmo está o proceso a anovar as estatísticas.
 Consultainas, e flipai.

Dao por descontado, acabo de facelo. A miña noraboa ó equipo. Estades
ó 92%, o que ven sendo o sexto idioma máis traducido.

 3.- Ollo coa configuración que poñedes da lista de correo e idioma. En
 moitos casos está ou o nome do idioma, ou o enderezo, ou ambos os dous
 errados.

Isto creo que case iria por tódalas traducións feitas no Proxecto Trasno.

 5.- Non está de máis que vaiades tonteando coa documentación. Temos
 entre un 8 e un 15 % feito, pero faltan uns detalles infraestruturais
 para poder estar listos para tirar para diante, aínda así, tendo en
 conta as peculiaridades [1] da tradución de docbooks mediante
 ficheiros po, por favor, ide dándolle unha ollada.

 [1]Para acabarlle coa paciencia a un santo.

Home, en principio non vexo moi ben cal é o problema, ainda que ainda
non me metin neses mundos. O máis preto que estiven de traducir
documentación con .po foron os titoriais de Inkscape, que veñen en
formato SVG (subconxunto de XML o mesmo ca Docbook) e só habia que ter
dúas cousas máis en mente: ser consistente ca terminoloxía usada na
tradución da GUI e ter en conta as novas etiquetas e marcas que
aparecian nas cadeas.

 Que vaia ben,

Igualmente.

Ata logo,
  Leandro Regueiro

Re: [KDE] Varias cousas

2008-07-24 Conversa mvillarino
 [1]Para acabarlle coa paciencia a un santo.

 Home, en principio non vexo moi ben cal é o problema, ainda que ainda
 non me metin neses mundos. O máis preto que estiven de traducir
 documentación con .po foron os titoriais de Inkscape, que veñen en
 formato SVG (subconxunto de XML o mesmo ca Docbook) e só habia que ter
 dúas cousas máis en mente: ser consistente ca terminoloxía usada na
 tradución da GUI e ter en conta as novas etiquetas e marcas que
 aparecian nas cadeas.

Pois iso mesmo: é crítico ter activada a comprobación das etiquetas ao
vivo, e a ser posíbel meter as etiquetas mediante atallos de teclado
(para non confundirse nelas). Ademais hai problemas en manter a
consistencia entre os textos da gui, e o que a documentación di que
son os textos da gui.
E por riba está todo o proceso de compilación, que o máis normal é que
casque catro ou cinco veces antes de que a cousa vaia indo. Isto si
que é desesperante.

Re: [KDE] Varias cousas

2008-07-24 Conversa Leandro Regueiro
2008/7/24 mvillarino mvillar...@gmail.com:

Certo. Creo que o gtranslator a ten ou a ía ter. O kbabel creo que
tiña. O Poedit creo que non. O da consistencia creo que vai ser o gran
problema.

Respecto do da compilación non vexo problema, sempre que non se meta a
zoca cas etiquetas.

Ata logo,
   Leandro Regueiro

Re: [KDE] Varias cousas

2008-07-24 Conversa Miguel Branco
O Thursday 24 July 2008 10:43:36 mvillarino escribiu:
 Olá,
 como ando curto de tempo, serei algo máis telegráfico do normal:

 1.- Temos KDE4.1. Isto significa que agora trunk/l10n-kde4 é para 4.2
 e branches/stable/l10n-kde4 para 4.1, tédeo en conta para o traballo
 que fagades de agora en diante. Se non se explicita, entendo que os
 ficheiros que enviades através de min son de trunk.

si, lin o anuncio onte. Apuntado. Non teño nada de kde 4.1 listo, estiven 
tamén con de todo menos isto. 

 2.- Agora mesmo está o proceso a anovar as estatísticas.
 Consultainas, e flipai.

Autofelicitate xq moito do mérito tm é teu. Eu autocongratúlome e felicitovos 
a todos!. 6º hehehe!

 3.- Ollo coa configuración que poñedes da lista de correo e idioma. En
 moitos casos está ou o nome do idioma, ou o enderezo, ou ambos os dous
 errados.

 4.- Convén ir completando módulos, en concreto koffice (van pola beta
 9) e kdepim. Kdeedu levará máis tempo, a ver se lle imos dando
 despois.

si, intentarei darlle: agora que esas cadeas que quedan en kspread danme dor 
de moas. Mais, tm creo que tm temos un problema que é que hai demasiadas liñas 
fuzzy. Creo que é un punto fraco nas tradución que debemos millorar, pois x 
experiencia, xeralmente as fuzzy están mal, moi mal. Tamén creo que KDEPIM é 
un módulo esencial que convén rematar E revisar. Eu fixen a revisión do 
Koffice e penso que debería conter poucos erros.

 5.- Non está de máis que vaiades tonteando coa documentación. Temos
 entre un 8 e un 15 % feito, pero faltan uns detalles infraestruturais
 para poder estar listos para tirar para diante, aínda así, tendo en
 conta as peculiaridades [1] da tradución de docbooks mediante
 ficheiros po, por favor, ide dándolle unha ollada.

 [1]Para acabarlle coa paciencia a un santo.

 Que vaia ben,

Só dicir que levo como 10 días co KDE 4.1 (inda RC1) e coas tradución e vese, 
IMHO, unha tradución boa, con poucos erros (algún tonto hai) e bastante 
uniforme!. 

EN canto ó KDE 4.1,e é opinión persoal, as versión de KDE 4.X de Kubuntu soen 
sar malas: están mal construidas. A mellor implementación de KDE4 que provei 
foi Opensuse, sen dúbida. Con KDE 4.1 RC1 só tiven con Suse un par de crashes 
menores. Fédora ten unha implentación bastante decente, tm.

Re: [KDE] Varias cousas

2008-07-24 Conversa mvillarino
 si, lin o anuncio onte. Apuntado. Non teño nada de kde 4.1 listo, estiven
 tamén con de todo menos isto.

Sen problema, co mecanismo summit de Kaslav illic ou co sistema diff
de Lokalise podes traducir trunk e reaproveitar nunha patada para
stable. Eu é o que fago, co summit, así que non vos preocupedes, todo
o que enviedes para trunk que sexa reaproveitábel acabará en stable.
Na seguinte vez que nos vexamos, teño que contarvos como é a cousa (se
non seguides kde-l10n-doc, claro)

 si, intentarei darlle: agora que esas cadeas que quedan en kspread danme dor
 de moas. Mais, tm creo que tm temos un problema que é que hai demasiadas
 liñas fuzzy. Creo que é un punto fraco nas tradución que debemos millorar,
 pois x experiencia, xeralmente as fuzzy están mal, moi mal.

As de kspread deberían estar mais ou menos ben --semanticamente
falando--: antes ca ti, un ano ou así antes de que apareceses,
adicábame eu a koffice, e cheguei a ter o kspread completo daquela (de
ahí que comezase coa documentación), agora ben, non garanto que siga
os termos nen as túas escollas normativas nen o teu estilo.
Recorda que falta moi pouco para sacar koffice2.

Tamén creo que
 KDEPIM é un módulo esencial que convén rematar E revisar. Eu fixen a
 revisión do Koffice e penso que debería conter poucos erros.
Ok, Xosé está a darlle moi duramente a kdepim.

 EN canto ó KDE 4.1,e é opinión persoal, as versión de KDE 4.X de Kubuntu
 soen sar malas: están mal construidas. A mellor implementación de KDE4 que
 provei foi Opensuse, sen dúbida. Con KDE 4.1 RC1 só tiven con Suse un par de
 crashes menores. Fédora ten unha implentación bastante decente, tm.
Non podo opinar, eu até que Ana e compañía non teñan listos os
paquetes para Debian estábel (Lenny, supoño), non o poderei probar, só
trasteei un pouco un día nun kubuntu, e
non quedei defrauduado: funcionaba.

E se atopas erros avisa, ho!

Varias cousas

2003-11-01 Conversa David Fernandez Vaamonde

Ola,

 Xa sei que non son habitual desta lista, inda que teña algunha
participación (mínima) no proxecto, pero gustaríame que un dos proxectos
do GPUL que mais sona tivo polo mundo adiante (sendo incluso referencia
para outros grupos de usuarios cunha lingua propia), volvese a estar
activo.

 Pero como o movimento únicamente se demostra andando, pois ahí vos van
duas preguntas:

 1) Teño un fortunes-gal que quero subir o CVS, ¿Como o faría? ¿Hay algún
módulo creado? instrucciones sinxelas, please ;)

 2) ¿Como anda a traducción do KDE? Explicome: supoño que algún de vos
escoitou falar de GPUL live CD, unha distribución live que andamos a
difundir pola facultade con todo o software (e mais), necesario para
facer todo o que se queria da facultade. O caso e que a distribución está
en castelán, e unha das cousas que mais me gustaría e darlle soporte de
galego. ¿ E posible? Leva KDE 3.0, (supoño que en breve migraremos a KDE
3.1) e algunas aplicacións de Gnome, ¿Como o vedes?

Un saudo, e ánimo có tema.

David Fernandez Vaamonde|   Unruly boys who will not grow up
http://www.cosasdedos.net   |must be taken in band 

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: Varias cousas

2003-11-01 Conversa Xabi García

Iso depende de se a xente se pon a traducir. Agora mesmo só hai un 12% 
traducido de KDE (unhas 7000 liñas) pero para chegar a traducir o básico (o
que máis se emprega do escritorio) faría falta máis xente, pois anque eu 
traduza digamos unhas 3000 liñas, con bastante esforzo o tempo, e outros dous 
máis traduzan o mesmo, pois pouco avanzamos. Máis se temos en conta que o 22
de novembro paralízanse as traduccións por mor da liberación de KDE3.2.

Así que se te interesa, compraceríanos moito que nos axudases se tes interés 
en que KDE estea traducido, ou ben procurar xente intersada en traducir. Se 
non, hai que contentarse con ver KDE traducido nun 15 % (como moito).

(p.d. hai que tomar exemplo dos cataláns ... pero imaxino que son moitos)

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: Varias cousas

2003-11-01 Conversa David Fernandez Vaamonde
On Sat, 1 Nov 2003, Xabi García wrote:

 Así que se te interesa, compraceríanos moito que nos axudases se tes interés
 en que KDE estea traducido, ou ben procurar xente intersada en traducir. Se
 non, hai que contentarse con ver KDE traducido nun 15 % (como moito).
 (p.d. hai que tomar exemplo dos cataláns ... pero imaxino que son moitos)

Pois si, inda que o meu caso e contradictorio: son usuario convencido de
Gnome ;) pero tamén son mantenedor de GPUL live CD, e inda que me soe
extraño por a traducir un entorno no que non estou habitualmente, se as
melloras as podo ver directamente na GPUL live CD, estou seguro que me
animará a seguir.

Vou ver se podo incluir o que esta feito ata agora e se son capaz,
poñome a traducir e a probar as traduccións na GPUL live CD :)

Xa che irei contando (por certo, non son ningunha eminencia coa lingua
galega, se me poño a traducir, sería interesante que alguén revisara as
miñas traducións.).

De todos modos, probarei a poñer unha nova no weblog da asociación
recordando á xente que temos este proxecto e que tamén sería boa cousa
traducir para face-la GPUL live CD en galego :)

Saludos, David.

David Fernandez Vaamonde|   Unruly boys who will not grow up
http://www.cosasdedos.net   |must be taken in band 

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: Varias cousas

2003-11-01 Conversa Xabi García
Tamén son usuario de Gnome. Se traduzo Kde, é porque ten máis alcance nos 
usuarios domésticos (agora e no futuro, imaxino); é máis doado de empregar, 
está máis integrado.

O do anuncio no weblog, nada que dicir que non sexa ¡gracias!. Se queres 
traducir algún paquete vai a i18n.kde.org/stats/GUI/gl/index.php e colle 
algún paquete aínda en branco. E con respecto ó nivel da lingua, andamos 
todos igual, pero ó final a linguaxe que se emprega soe ser moi técnica e 
polo tanto repetitiva, de modo que se te adoitas a empregar ese canon non
resulta en tantos erros lingüísticos coma os que podemos ter na linguaxe 
usual.

Abur.

 On Sat, 1 Nov 2003, Xabi García wrote:
  Así que se te interesa, compraceríanos moito que nos axudases se tes
  interés en que KDE estea traducido, ou ben procurar xente intersada en
  traducir. Se non, hai que contentarse con ver KDE traducido nun 15 %
  (como moito). (p.d. hai que tomar exemplo dos cataláns ... pero imaxino
  que son moitos)

 Pois si, inda que o meu caso e contradictorio: son usuario convencido de
 Gnome ;) pero tamén son mantenedor de GPUL live CD, e inda que me soe
 extraño por a traducir un entorno no que non estou habitualmente, se as
 melloras as podo ver directamente na GPUL live CD, estou seguro que me
 animará a seguir.

 Vou ver se podo incluir o que esta feito ata agora e se son capaz,
 poñome a traducir e a probar as traduccións na GPUL live CD :)

 Xa che irei contando (por certo, non son ningunha eminencia coa lingua
 galega, se me poño a traducir, sería interesante que alguén revisara as
 miñas traducións.).

 De todos modos, probarei a poñer unha nova no weblog da asociación
 recordando á xente que temos este proxecto e que tamén sería boa cousa
 traducir para face-la GPUL live CD en galego :)

 Saludos, David.

 David Fernandez Vaamonde  |   Unruly boys who will not grow up
 http://www.cosasdedos.net |must be taken in band 

 ___
 Trasno mailing list
 tra...@ceu.fi.udc.es
 http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: Varias cousas

1999-08-24 Conversa Ruben
On Mon, 23 Aug 1999, Jacobo Tarrio wrote:

  E, ¿que máis ía dicir? Ah, si.. teño os seguintes paquetes traducidos na
 miña páxina:
 apt_gl.po.bz2
 ee.gl.po.bz2
 gedit.gl.po.bz2
 glade_gl.po.bz2
 gnome-media_gl.po.bz2
 grep-2.2f_gl.po.bz2
 hello-1.3.22_gl.po.bz2
 textutils_gl.po.bz2
 xchat_gl.po.bz2

hmmm, non vexo ahí o wget... Mándocho de novo adxunto.

  Fan un total de... 3 máis 4, e levo 1... menos 2... 9, paquete arriba,
 paquete abaixo... :-) Na páxina web di que hai 13 rematados, ¿que se fixo
 deses 4 paquetes? ¿onde vai a súa fermosura? ¿os seus sorrisos? ¿onde van
 as súas gracias, os seus xogos, os...?

Onde vai o Tarrío de sempre, que non quería saber nada dos
estupefacientes...

Di NON
--
  _
 /_) \/ / /  email: mailto:r...@mundivia.es
/ \  / (_/   www  : http://programacion.mundivia.es/ryu
[ GGL developer ]  [ IRCore developer ]  [ GPUL member ]

wget_gl.po.bz2
Description: Binary data

Varias cousas

1999-08-23 Conversa Jacobo Tarrio

 Ben; só recordarvos que tedes unha páxina web (ainda que a min me gusta
máis chamarlle enxendro) en http://www.ctv.es/USERS/jtarrio/trans que
trata de ter todo un pouco centralizado (trata, digo, porque pouco máis é
que unhas poucas ligazóns (Xerais dixit) a directorios e outra páxina que
explica como se usa gettext (os que esteades aqui dende o principio, non
vos molestedes en mirala, que é a mensaxe que puxen tan pronto me
aclamastes coordinador...)

 Ben; por outro lado, estiven tentando actualiza-la lista; pode ser que
non o esté todo o que debería, así que de novo, se alguén está traballando
na traducción dun paquete que eu non liste aquí, por favor, que me avise;
tamén se ve que o puxen como non rematado e rematou, ou ó revés...
ou se vai comezar unha traducción, que me pida o paquete, para que non 
anden dous traducindo no mesmo... polo menos, que a lista poida servir
como guía para os que queiran traducir algo... e falando de guías, vou
poñer tamén a lista famosa na web... (hala, xa está). Na seguinte mensaxe
xa vai a lista, para que lle botedes un ollo .-)

 E, ¿que máis ía dicir? Ah, si.. teño os seguintes paquetes traducidos na
miña páxina:

apt_gl.po.bz2
ee.gl.po.bz2
gedit.gl.po.bz2
glade_gl.po.bz2
gnome-media_gl.po.bz2
grep-2.2f_gl.po.bz2
hello-1.3.22_gl.po.bz2
textutils_gl.po.bz2
xchat_gl.po.bz2

 Fan un total de... 3 máis 4, e levo 1... menos 2... 9, paquete arriba,
paquete abaixo... :-) Na páxina web di que hai 13 rematados, ¿que se fixo
deses 4 paquetes? ¿onde vai a súa fermosura? ¿os seus sorrisos? ¿onde van
as súas gracias, os seus xogos, os...?

 Ui, perdón, xa ía no ubi sunt; creo que me favorece máis o carpe
diem, ¿non é? :DD (estou en plan regresivo total; xa vou no barroco, e
pronto chegarei ao Renacemento; xa non hai máis dun paso de aí á
latinitas classica; ups :-))).

 Déixovos en paz polo de agora para que estudiedes :DDD

Hasta luego:

   Tarrío Fidonet: 2:348/102.11
(Compostela)

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poniendo unsubscribe na mesaxe