Testing das isos de versións beta de Ubuntu Maverick

2010-08-25 Conversa Fran Dieguez
Ola rapaces,

xa que estamos a 2 meses de que saia a nova versión de Ubuntu coido que
hai que sentar as bases de como imos comprobar as betas de Ubuntu
Maverick e sucesivas versións

Estiven estudando as formas de facelo e logo lembrei algún scriptinho
que teño por aí que pódenos axudar nestas tarefas de informe de erros.
Polo que aquí vai a miña proposta de procedemento de remisión de erros.

Remisión de erros ao Galician Ubuntu Translators.
'''''''''''''''''''''''''''''''''''''''''''''''''

0.- Actualización do sistema
Xa que son betas pode ser que non teñamos a última versión do sistema
instalada polo que procederemos a actualizalo desde unha terminal:
sudo aptitude update; sudo aptitude upgrade; sudo aptitude dist-upgrade

1.- Detección do erro e recolleita de información
Unha vez detectado o Erro ou cadea sen traducir no Ubuntu comezaremos a
busca de información do mesmo, isto é, saber en que paquetes está o
erro, contexto do mesmo e demais.

1.1.- Paquete(s) afectados polo erro
A forma máis sinxela de comprobar onde está un erro é empregando o meu
programa «lase». Este programa busca no sistema cadeas orixinais e
traducidas e abre a páxina de launchpad correspondente para dito
paquete.
Para a súa instalación procederemos como segue desde unha Terminal
(Aplicativos->Accesorios->Terminal):

sudo add-apt-repository ppa:frandieguez/mabishu
sudo aptitude update; sudo aptitude install lase

Unha vez instalado podemos usalo da seguinte forma (desde unha
terminal):

lase "Cadea con erro ou non está traducida"

Isto abriranos o noso navegador favorito coa busca do erro en Laucnhpad.

1.2- Información do sistema.
Cómpre recoller información como:
 - hora do sistema: orde «date»
 - versión do sistema: orde «lsb_release -a»

2.- Informar do erro ao Grupo de localización
Enviar un correo electrónico a esta rolda de distribución
(ubuntu-gl-l...@ubuntu.com) seguindo un modelo semellante ao seguinte:

--
Asunto: [L10N-BUG] Erro de tradución no paquete «nome do paquete»
Corpo da mensaxe:
Encontrei un erro na versión de Ubuntu 
PEGAR AQUÍ O QUE NOS ESCRIBA A ORDE «lsb_release -d»
neste intre son as 
PEGAR AQUÍ O QUE NOS ESCRIBA A ORDE «date»
segundo podedes ver na seguinte ligazón de launchpad.
PEGAR AQUÍ TODAS AS LIGAZÓNS ABERTAS EN FIREFOX POLA ORDE «lase»
[...]

ENGADE AQUÍ UNHA DESCRICIÓN DO ERRO PARA QUE TODOS O POIDAN ENTENDER,
NON É NECESARIA SE É UN ERRO MOI EVIDENTE.

Saúdos
--


E con isto coido que todos poderemos corrixir mellor os erros de
localización sen ter que recurrir a apertura de bugs en launchpad.

Por suposto este procedemento está suxeito a modificacións e melloras.
Por favor, enviade suxestións a esta rolda e se procede podemos marcalo
como un procedemento estándar dentro do grupo e escribilo na wiki do
grupo.

Saúdos a t...@s

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Versións.

2002-06-18 Conversa Jesus Bravo Alvarez
On Tue, Jun 18, 2002 at 05:34:47PM +0200, xab...@gmx.net wrote:

> Xa acabei con unha traducción (a do xscreensaver). E digo eu,¿agora que 
> versión poño no ficheiro, suponse que é a versión estable máis nova do 
> programa?

¿Collíchela da web directamente?  Entón non poñas ningunha, que é
un lío saber a versión e están a cambiala constantemente.  E non ten
importancia. ;)

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
http://www.pobox.com/~suso
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe


Versións.

2002-06-18 Conversa xabigf
Xa acabei con unha traducción (a do xscreensaver). E digo eu,¿agora que versión 
poño no ficheiro, suponse que é a versión estable máis nova do programa?
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe


GNU e as novas versións

1999-09-06 Conversa Jesus Bravo Alvarez
Ola,

Xa rematei o .po do paquete fileutils 4.0.  Agora quero completa-lo
da versión 4.0i.  Isto suxéreme unha pregunta:

¿Cómo sincronizan os de GNU as versións coas traduccións?  É dicir,
eles sacan unha versión, o traductor ten que colle-lo novo .pot, traduci-las
diferencias, e envia-lo .po actualizado.  Pero este .po aparece na versión
seguinte, ¿non?  É dicir, o .po sempre vai unha versión por detrás (no mellor
dos casos, claro)

E xa que estamos, ¿cánto tempo tardan en acepta-las tuas
traduccións, unha vez enviada a carta?  (mandeina o luns día 30)

Graciñas

P.D: O fileutils aínda non está revisado, así que poden faltar letras, i
erros parvos dese estilo. O:)

-- 
 _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe