Boa nova por parte de Google.

Enviado por Xuco a través de Google Reader: Xa podemos traballar con
Google na corrección dos seus topónimos deturpados vía Código Cero -
Diario Tecnolóxico de Galicia de Fernando Sarasqueta el 10/12/12

Os buscadores e os servizos xeográficos da Rede nunca salientaron polo
respecto á toponimia oficial galega. A raizame do problema estaba no de
sempre: trátase de ferramentas novas que botan man de bases de datos
vellas, de uso militar ou vinculadas a réximes centralistas. Se ben
Google Maps e Google Earth non eran dos peores, tiñan cousas que
solucionar. Para arranxalo definitivamente, Google vén de convocar aos
internautas galegos para que lle axudemos a verificar a corrección dos
seus datos xeográficos e, entre eles, o da toponimia. Plataformas como
ProLingua xa están a animar á comunidade en liña do país para que fagan
uso dos mecanismos de feedback que a compañía norteamericana
proporciona para corrixir as deturpacións toponímicas da xeografía
galega, “que non son poucas”, engade ProLingua.
A medida, por certo, non só nos afecta a nós: afecta a ducias de pobos
que viviron unha situación semellante na súa historia, de
rebautizamento dos seus casais, vilas, aldeas e cidades por parte
doutras culturas interesadas en darlle o todo un toque máis homoxéneo e
centralizador. A iniciativa, segundo se sinala na Rede, intégrase no
proxecto Ground Truth, que se remonta a 2008 e que xurdiu coa
finalidade de lograr mapas máis precisos, fiábeis e respectuosos cos
pobos aos que reflicten. E todo, tirando proveito das fontes orixinais
e da contribución dos internautas locais.

Cosas que puedes hacer desde aquí:
- Subscribirte a Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia con Google
Reader
- Empezar a utilizar Google Reader para mantenerte al día fácilmente de
todos tus sitios favoritos
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a