Na lista de correo de Launchpad [1] acaban de anunciar a apertura do proceso de tradución de Ubuntu 7.10 ("Gutsy"). A páxina para as traducións ao galego está en:
https://translations.launchpad.net/ubuntu/gutsy/+lang/gl No mesmo correo anúnciase que vai existir de novo o "Daily language pack": un repositorio de onde se podan descargar os paquetes de idioma actualizados ao día (coas traducións que estean na interface web). Deste xeito os tradutores poden ver como queda o seu traballo na aplicación final. Un saúdo. Felipe. [1] https://lists.ubuntu.com/archives/launchpad-users/2007-June/001574.html