[terminoloxia] ban/kick

2009-03-05 Conversa Leandro Regueiro
Ola, estiven mirando no open-Tran as diferentes traducións para ban:

Bloquear
Desterrar
Expulsar
Excluír
Vetar

Tamén sonde interese as traducións para kick:

Botar
Expulsar

Tendo en conta que en moitos sitios se usan tanto kick coma ban
haberia que ter diferentes traducións para os dous. ban é moito mais
restritivo ca kick.

A miña escolla persoal seria logo kick=expulsar e
ban=desterrar, pero estaria ben saber a vosa opinión sobre o tema.

Ata logo,
   Leandro Regueiro

Re: [terminoloxia] ban/kick

 En #irc:

  kik → patada, couce, expulsar, botar

 ban → bloquear, excluir, vetar

 engado:
 seguindo co #irc

 as veces dase o caso de ordes kik/ban, que son unha combinación de 1º
 expulsar e despois bloquear xa que hai clientes que cando se bloquea a un
 usuario non é expulsado e este permanece na canle, e só cando sae xa non
 pode volver a entrar.

Primeiro, non se é porque é culpa do programa que usades para ler o
correo ou se é porque así vos resulta máis cómodo ler o correo, pero
penso que é mellor responder despois da mensaxe orixinal porque se van
lendo as mensaxes orixinais a medida que baixas cara as respostas.

Penso que desterrar inclúe a necesidade de expulsar. Non me dera
conta de que isto tamén se usa no IRC.

Ata logo,
  Leandro Regueiro

Re: [terminoloxia] ban/kick

2009-03-05 Conversa Miguel Bouzada
no caso do cliente en web de gmail, o que fai e ocluir a mensaxe anterior:

baixo a lenda destacada Mostrar texto citado

2009/3/5 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com

  Ola, estiven mirando no open-Tran as diferentes traducións para ban:
 
  Bloquear
  Desterrar
  Expulsar
  Excluír
  Vetar
 
  Tamén sonde interese as traducións para kick:
 
  Botar
  Expulsar
 
  Tendo en conta que en moitos sitios se usan tanto kick coma ban
  haberia que ter diferentes traducións para os dous. ban é moito mais
  restritivo ca kick.
 
  A miña escolla persoal seria logo kick=expulsar e
  ban=desterrar, pero estaria ben saber a vosa opinión sobre o tema.
 
  En #irc:
 
   kik → patada, couce, expulsar, botar
 
  ban → bloquear, excluir, vetar
 
  engado:
  seguindo co #irc
 
  as veces dase o caso de ordes kik/ban, que son unha combinación de 1º
  expulsar e despois bloquear xa que hai clientes que cando se bloquea a un
  usuario non é expulsado e este permanece na canle, e só cando sae xa non
  pode volver a entrar.

 Primeiro, non se é porque é culpa do programa que usades para ler o
 correo ou se é porque así vos resulta máis cómodo ler o correo, pero
 penso que é mellor responder despois da mensaxe orixinal porque se van
 lendo as mensaxes orixinais a medida que baixas cara as respostas.

 Penso que desterrar inclúe a necesidade de expulsar. Non me dera
 conta de que isto tamén se usa no IRC.

 Ata logo,
  Leandro Regueiro

 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.

-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Instale OpenOffice dende
http://www.mancomun.org/index.php/component/option,com_content/task,view/id,368/Itemid,113/...,
é LIBRE, DE BALDE, totalmente LEGAL, funciona mellor que outros paquetes de
oficina, e está en continuo desenvolvemento.

Re: [terminoloxia] ban/kick

2009-03-05 Conversa Miguel Branco
BAN
 Bloquear
 Desterrar
 Expulsar
 Excluír
 Vetar

'ban':
[N] (Prohibition): prohibition, veto, interdiction, injunction, estoppel , 
embargo, ban, taboo, proscription, restriction, restraint, hindrance, 
forbidden fruit, contraband.

[V] (Prohibition): prohibit, inhibit, forbid, disallow, enjoin, ban, outlaw, 
taboo, proscribe, bar, hinder, withhold, limit, restrict, interdict, 
proscribe, exclude.

é dicir prohibir, vetar, ilegalizar, excluír... así que das que dás so penso 
que é estritamente correcta 'vetar' e se falamos de irc 'expulsar'. Bloquear 
eu deixariao para outras cousas.

KICK
 Botar
 Expulsar

ambas son correctas, a diferenza está no grao de cercanía co que se fale. 
Expulsar é máis culto e sendo 'kick' informal (con esta acepción ven da 
expresión:  kick (some / sb's) ass (slang, especially AmE) to punish or defeat 
sb; recordade que kick é simplemente golpear un obxecto) así que como o único 
uso que lle coñezo son os irc et al eu optaria por 'botar', como 'botouno da 
casa xq...'

Re: [terminoloxia] ban/kick

2009-03-05 Conversa Adrián Chaves Fernández
Esquecín mencionar outra que uso ás veces cos amigos, aínda que é incorrecta, 
pero non sei por que motivo me apetece dicila ;-)

banear 

P.S: Galinglish!

Re: [terminoloxia] ban/kick

2009-03-05 Conversa Adrián Chaves Fernández
  Ola, estiven mirando no open-Tran as diferentes traducións para ban:
 
  Bloquear
  Desterrar
  Expulsar
  Excluír
  Vetar
 
  Tamén sonde interese as traducións para kick:
 
  Botar
  Expulsar
 
  Tendo en conta que en moitos sitios se usan tanto kick coma ban
  haberia que ter diferentes traducións para os dous. ban é moito mais
  restritivo ca kick.
 
  A miña escolla persoal seria logo kick=expulsar e
  ban=desterrar, pero estaria ben saber a vosa opinión sobre o tema.
 
  En #irc:
 
   kik → patada, couce, expulsar, botar
 
  ban → bloquear, excluir, vetar
 
  engado:
  seguindo co #irc
 
  as veces dase o caso de ordes kik/ban, que son unha combinación de 1º
  expulsar e despois bloquear xa que hai clientes que cando se bloquea a un
  usuario non é expulsado e este permanece na canle, e só cando sae xa non
  pode volver a entrar.

 Primeiro, non se é porque é culpa do programa que usades para ler o
 correo ou se é porque así vos resulta máis cómodo ler o correo, pero
 penso que é mellor responder despois da mensaxe orixinal porque se van
 lendo as mensaxes orixinais a medida que baixas cara as respostas.

 Penso que desterrar inclúe a necesidade de expulsar. Non me dera
 conta de que isto tamén se usa no IRC.

 Ata logo,
   Leandro Regueiro

No contexto dos videoxogos tipo Urban Terror (en xeral, os xogos de tiros en 
liña), kick é pra botar a alguén, con posbilidade de volver se lle peta pero 
perdendo a puntuación que tiña, e ban é pra que non poida volver (supoño que o 
administrador decide ata canto, e se basea na IP pra prohibirllo).

Partindo disto, botar fóra e prohibir o acceso parécenme boas traducións. 
Mais tendo en conta que a maioría das veces é preciso unha palabra soa (por 
espazo, máis que nada), creo que eu optaría por:

kick -- botar

expulsar recórdame ao seu emprego na escola, onde adoita significar 1 día de 
expulsión, logo 3, e á seguinte xa non sei.

ban -- ...

bloquear non me convence, porque sóame a que se bloquea ao usuario, cando 
alo menos no contexto dos xogos de tiros se deixa de permitir a entrada a un 
servidor (non ao resto), e por tanto non me parece que bloquear sexa o máis 
axeitado.

desterrar cumpre no que respecta ao significado, pero paréceme que o seu uso 
fóra dun contexto propio, no que á persoa se lle prohiba o acceso ao 
territorio (non a unha conversa/servidor), debería evitarse de ser posible.

expulsar é axeitado nun principio, pois o entendo como unha restricción 
extensa, claro que temporal. Imaxino que ban pode facer referencia a unha 
expulsión permanente.

excluír non me convence, porque seméllame significar algo como deixar á 
marxe, pero sen o (creo que necesario) matiz despectivo de ban. Poden 
excluírte d'algo sen que fagas nada malo. Pero banearte?

vetar... Ademáis de que non é das miñas preferidas está o feito de que os 
administradores das partidas (o caso que teño máis próximo como notaríades) 
adoitan utilizar outro significado desta palabra. Cando hai votacións (pra 
elixir mapas, ou botar (kick) á xente), adoitan te-lo poder de veto (vetar). 
Pra non levar a confusións, creo que sería mellor evitar este termo.

Supoño que por min:

ban -- desterrar/expulsar

Un saúdo!

Re: [terminoloxia] ban/kick

2009-03-05 Conversa Adrián Chaves Fernández
  Penso que desterrar inclúe a necesidade de expulsar. Non me dera
  conta de que isto tamén se usa no IRC.

 Estas palabras xa foron consultadas, aló polo setembro de 2006, en relación
 ao programa Konversation.

Creo que coincido con contido da mensaxe do 2006.
kick -- botar/expulsar (preferentemente botar)
ban -- prohibir (pois en efecto desterrar é algo afortunada, e o de banear 
como que tampouco ;-)

ban

2007-06-29 Conversa Leandro Regueiro

Boas de novo, acabo de consultar os últimos cambios ó glosario e vin
'ban' que moitas veces se traduce coma banear. Penso que outra
tradución aceptable sería expulsar.

Ata logo,
   Leandro Regueiro